​Arrincan as segundas rebaixas no Corte Inglés de Santiago, moi enfocadas ao deporte

Desde hoxe, 17 de xaneiro, e ata o próximo día 30, a compañía celebra as segundas rebaixas con descontos especiais.


|

Desde hoxe, 17 de xaneiro, e ata o próximo día 30, a compañía celebra as segundas rebaixas con descontos especiais.


Os máis deportistas terano especialmente fácil este xaneiro na capital galega: ata un 50% de desconto adicional en moitos produtos.


Corte inglu00e9s


O Corte Inglés | Foto: EP


Un dos propósitos máis socorridos neste 2022 é o de facer máis deporte. Moitos arrincan o novo ano co obxectivo de poñerse en forma e en Santiago de Compostela O Corte Inglés parece querer axudar a todos eses deportistas para que se lancen á carreira con descontos especiais nas segundas rebaixas, que comezan este luns.


Desde o 17 de xaneiro e ata o vindeiro domingo 30, o centro compostelán contará con descontos de ata un 50% de desconto no departamento de deportes nunha selección de marcas para roupa, calzado ou complementos deportivos. Así, deixa sen escusas a todos aqueles que están a pospoñer o exercicio desde o Día de Reyes.


Pero estas segundas rebaixas non son só para suar a pinga gorda. Estas dúas semanas teñen 

novos prezos e maiores descontos sobre produtos xa rebaixados en xaneiro cun 20% de desconto adicional e promocións, tanto en tenda como na web.


Artigos de moda, zapatería, lenzaría ou accesorios para estar en #ModoRebajas do Corte Inglés con marcas como Pepe Jeans, Geox, Mitro, Georges Rech ou Playtex, pero tamén con Adidas, Puma ou Nike en deportes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE