Vigo (+656) e A Coruña (+365) lideran a alza do covid por concellos nunha Galicia onde todas as áreas empeoran

A nivel galego a tendencia de casos activos é hoxe á alza, despois de onte o SERGAS purgara miles de casos activos ao incorporar 24.000 altas nunha soa tacada. O resultado é que todas as áreas hoxe volven recuperar o seu ascenso tras o artificial descenso de onte. Confírmase pois que as caídas do xoves foron un mero borrón estatístico produto da nova estratexia de mitigación da pandemia.


|

O empeoramento da tendencia do coronavirus en Galicia hoxe contribúe a que o mapa de incidencia semanal por municipios tíngase aínda máis de negro. Os concellos con menos de 250 positivos por 100.000 habitantes pódense contar cos dedos e son case todos moi pequenos e do sur de Ourense. Son sete: Muras (Lugo) e os ourensáns de Oimbra, Calvos, Quintela de Leirado, Texeira e Beade. Só Muras, Teixeira e Beade non sufriron ningún positivo esta semana.


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnósticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a sumar menos de 10 á semana.  


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,12; o que quere dicir que na última semana houbo un 12% máis de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, o que máis mellora é Pantón, cunha razón de taxas de 0,56, o que equivale a unha melloría do 44%.  Ningunha cidade está a conseguir unha tendencia semanal á baixa. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior  a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Vigo é a cidade que máis está a empeorar, cun 27% máis de positivos que a semana pasada, seguida de Santiago, cun 25% máis e A Coruña  cun 22% máis. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en  branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe Mesía e Xermade.


En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo hoxe case todos os situados entre Celanova e a fronteira con Portugal.







VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Lembrando que nos municipios onde non hai 10 ou máis positivos á semana non é posible calcular este índice, os concellos que máis empeoran hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte son:



  • BOQUEIXON +10
  • NEGREIRA +10
  • BARALLA +10
  • BARBADAS +10
  • PONTECESURES +10
  • SOUTOMAIOR +10
  • MALPICA DE BERGANTIÑOS +11
  • MIÑO +11
  • VEDRA +11
  • XOVE +11
  • CUNTIS +11
  • MORAÑA +11
  • PORTAS +11
  • OROSO +12
  • OUTES +12
  • PAZOS DE BORBEN +12
  • ABEGONDO +13
  • CAMARIÑAS +13
  • RIBADEO +13
  • CALDAS DE REIS +13
  • SILLEDA +13
  • CABANA DE BERGANTIÑOS +14
  • SANTA COMBA +14
  • NEVES (AS) +14
  • ROSAL +14
  • VILANOVA DE AROUSA +14
  • BERGONDO +15
  • BAIONA +15
  • LARACHA +16
  • CERDEDO-COTOBADE +16
  • PADRON +17
  • GUITIRIZ +17
  • MEAÑO +17
  • POBRA DO CARAMIÑAL A +18
  • RIANXO +18
  • MACEDA +18
  • BETANZOS +19
  • CARRAL +19
  • ESTRADA A +19
  • FOZ +21
  • SARRIA +22
  • CAMBADOS +22
  • VIMIANZO +23
  • VILALBA +23
  • VERIN +23
  • POIO +23
  • RIBADUMIA +23
  • FERROL +24
  • CERVO +24
  • ORDES +27
  • MARIN +27
  • BUEU +28
  • GARDA (A) +28
  • AMES +30
  • SADA +30
  • SALVATERRA DE MIÑO +30
  • NOIA +31
  • BURELA +31
  • TOMIÑO +32
  • PORRIÑO (O) +34
  • PONCHE-CALDELAS +35
  • MOS +36
  • TEO +37
  • SALCEDA DE CASELAS +37
  • NIGRAN +39
  • GONDOMAR +41
  • CAMBRE +43
  • RIBEIRA +44
  • VIVEIRO +46
  • LALIN +49
  • NARON +52
  • SANXENXO +53
  • BOIRO +55
  • ILLA DE AROUSA +56
  • ARTEIXO +58
  • CULLEREDO +58
  • OLEIROS +62
  • CARBALLO +64
  • VILAGARCIA DE AROUSA +66
  • TUI +69
  • MOAÑA +72
  • REDONDELA +77
  • PONTEAREAS +79
  • CANGAS +90
  • OURENSE +103
  • PONTEVEDRA +131
  • LUGO +135
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA +168
  • CORUÑA (A) +365
  • VIGO +656 


E os poucos concellos que logran baixar o seu cómputo semanal hoxe respecto a ese cómputo onte son: 


  • MEZQUITA (A) -10
  • GROVE O -9
  • CARIÑO -7
  • RABADE -7
  • PONTEDEUME -6
  • ROIS -5
  • MONFORTE DE LEMOS -5
  • OUROL -5
  • XINZO DE LIMIA -4
  • PANTON -3
  • PONTENOVA (A) -3
  • LOURA -3
  • SOMOZAS -2
  • TRAZO -2
  • CASTROVERDE -2
  • CARBALLEDA DE AVIA -2
  • LAZA -2
  • SARREAUS -2
  • CEDEIRA -1
  • CURTIS -1
  • SAN SADURNIÑO -1
  • SOBER -1
  • ARNOIA -1
  • NOGUEIRA DE RAMUIN -1
  • RAMIRAS -1
  • SANDIAS -1
  • VILAMARIN -1 


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos é hoxe á alza, despois de onte o SERGAS purgara miles de casos activos ao incorporar 24.000 altas nunha soa tacada. O resultado é que todas as áreas hoxe volven recuperar o seu ascenso tras o artificial descenso de onte. Confírmase pois que as caídas do xoves foron un mero borrón estatístico produto da nova estratexia de mitigación da pandemia.






POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA







Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do xoves, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --catro menos--, pero aumentan a 488 as hospitalizadas noutras unidades --31 máis--, mentres que 64.240 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase de novo na de Vigo, onde baixan a 10 os pacientes Covid en UCI --tres menos-- e a 77 os hospitalizados noutras unidades --dúas menos--; mantense na de Ferrol e aumenta nas outras cinco.

Deste xeito, na da Coruña e Cee soben a 16 os pacientes Covid ingresados en UCI --uno máis-- e a 118 os doutras unidades --15 máis--; mentres que na de Ourense aumentan a sete o críticos --un máis-- e a 75 os doutras unidades --cinco máis--.

Na de Santiago e Barbanza mantéñense sete ingresados por este coronavirus en UCI e aumentan a 73 os doutras unidades --catro máis--, e na de Lugo, aínda que descenden a tres o críticos --un menos--, soben a 50 os doutras unidades --cinco máis--.

Polo seu lado, na área de Pontevedra e O Salnés descenden a sete os pacientes Covid en UCI --uno menos--, pero aumentan a 63 os doutras unidades --tres máis--. En canto á de Ferrol, redúcense a tres o críticos --un menos--, mentres soben a 32 os hospitalizados noutras unidades --uno máis--. 



TGuE2 coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE