Covid por concellos: os casos activos seguen á alza en todas as áreas a pesar da caída de positivos por PCR
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as urbes galegas viven hoxe unha xornada de descenso xeneralizado. Apenas unhas leves subidas en Sanxenxo (+15), Nogueira de Ramuín (+14) ou Lalín (+13) embazan os algarismos.
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a práctica totalidade do país segue con niveis por encima de 250, o peor dos posibles. No que ao cambio diairo se refeire, co matiz de que son datos provenientes de PCR, apenas hai unhas leves subidas en Sanxenxo (+15), Nogueira de Ramuín (+14) ou Lalín (+13) embazan os algarismos.
Con todo, o cambio metodolóxico pactado por autonomías e o Estado provocou unha baixa artificial dos positivos PCR mentres se disparan os positivos totais, contando tamén antígenos. Así, ao aplicar o cambio de criterio -desde hoxe, a referencia básica nos gráficos de Galiciapress serán os positivos detectados por calquera proba e non só por PCR como viña facendo-, vemos que aínda que o descenso é xeneralizado nos cómputos de positivos por PCR municipais, estas baixadas contradi a subida de Galicia se temos en conta os antígenos e a alza de casos activos.
Ademais, hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia semanal de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, dificultando á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,08; o que quere dicir que na última semana houbo un 8% máis de positivos que na penúltima, contando os test de antígenos e non só as PCR.
Con todo, hai que lembrar que esta razón de taxas non pode aplicarse á realidade dos concellos, cuxos datos se corresponden nestes momentos só coas probas PCR. Co novo criterio, o número de test PCR practicados descenderon mentres subiron o número de antígenos que a Xunta admite como resultado para coñecer se alguén está ou non contaxiado, sen necesidade de corroborar o resultado cunha PCR. É por isto que os mapas cos descensos que ofrecen os concellos seguen sendo válidos, pero correspóndense só cunha parte dos positivos, aqueles confirmados por PCR. Non ocorre o mesmo nas cifras por áreas.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal de positivos PCR dun municipio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe cinco casos ou máis respecto a ese total onte:
- Sanxenxo +15
- Nogueira de Ramuín +14
- Lalín +13
- Valdouro +12
- Moaña +12
- Sarria +11
- A Guarda +9
- A Illa de Arousa +9
- Baralla +8
- Amoeiro +8
- Moraña +7
- O Porriño +7
- Betanzos +6
- A Cañiza +6
- A Estrada +6
- Meaño +6
- Ponteareas +6
- Cerceda +5
- Monterroso +5
- Vilalba +5
- As Neves +5
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte:
- A Coruña -228
- Ourense -128
- Lugo -79
- Ferrol -60
- Pontevedra -49
- Narón -38
- Vigo -34
- Ames -32
- Santiago de Compostela -27
- Porto do Son -27
- Mos -25
- Vilagarcía de Arousa -25
- Xinzo de Limia -23
- Boiro -20
- Carballo -20
- Noia -20
- Monforte de Lemos -20
- Mugardos -18
- Santa Comba -18
- Verín -17
- Cambre – 16
- Negreira -14
- Arteixo -13
- Cee -13
- Dodro -13
- Oleiros -13
- Padrón -13
- Val do Dubra -13
- Lancara -13
- Muros -12
- Chantada -11
- Tomiño -11
- Arzúa -10
- A Pobra do Caramiñal -10
- Cariño -10
- Redondela -10
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
En canto aos casos activos de Covid-19 seguen en aumento e alcanzan os 76.276, que supoñen 4.772 máis que a xornada anterior ao haber máis contagios (8.343) que altas (3.569), ao que se suman dous falecementos. O mércores pasado --5 de xaneiro-- había 56.456 infeccións activas.
De novo, a área de Vigo concentra o maior incremento de infeccións activas (+1.367), seguida da da Coruña e Cee (+1.002), Santiago e Barbanza (+728), Lugo (+625), Pontevedra e O Salnés (+442), Ourense (+440) e Ferrol (+168).
Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.506; seguida da da Coruña e Cee, con 14.625; Santiago e Barbanza, con 13.343; Ourense, con 9.615; Pontevedra e O Salnés, con 8.632; Lugo, con 7.919; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.636.
Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 11 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia aumenta a 3.042,09 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.042,11 de media en España.
POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA
Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, increméntanse a 55 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --sete máis--, pero descenden a 453 as hospitalizadas noutras unidades --nove menos--, mentres que 75.768 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete, en especial na de Vigo, que aínda que mantén 11 pacientes Covid en UCI, rexistra 81 noutras unidades --15 menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza aumentan a seis o críticos --un máis--, pero descenden a 63 os hospitalizados noutras unidades --oito menos--.
No caso da Ourense, aínda que aumentan a oito os pacientes Covid en UCI --dúas máis--, baixan a 66 os ingresados noutras unidades --tres menos--. Pola súa banda, a de Ferrol rexistra catro en críticos --dous máis--, pero baixan a 27 os hospitalizados noutras unidades --dúas menos--.
Nas outras tres áreas sanitarias aumentan os hospitalizados, coa da Coruña e Cee á cabeza, xa que soben a 14 o críticos --un máis-- e a 99 os ingresados noutras unidades --11 máis--.
Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés mantéñense sete pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 66 os ingresados noutras unidades --cinco máis--; mentres que na de Lugo increméntanse a cinco o críticos --un máis-- e a 51 os doutras unidades --tres máis--.
Escribe o teu comentario