45 mortos con covid nunha semana nunha Galicia cuxa tendencia de casos activos xa non baixa


Os datos da covid-19 hoxe en Galicia son malos e ademais moi preocupantes porque se intúe un cambio de tendencia a peor.


|


Os datos da covid-19 hoxe en Galicia son malos e ademais moi preocupantes porque se intúe un cambio de tendencia a peor.


Non hai que facerlle demasiado caso aos 2.727 positivos confirmados por PCR, que axudan a que a incidencia semanal siga baixando. A decisión do Estado e a Xunta de non facer PCRs a asintomáticos enturba demasiado esta táboa para considerala fiable, polo menos por agora. A polémica estratexia de facer menos PCR explica porqué hoxe Galicia bate o seu récord de positividade, un epatante 43%.


Se nos fixamos nas series que non están artificialmente distorsionadas, os casos activos e os hospitalizados, as noticias son pésimas. Os casos activos levaban xa tempo crecendo cada día un pouquiño menos, pero esa deceleración está esfumándose. Os hospitalizados en planta seguen á alza, a pesar de que o presidente dixo onte que a situación era estable; son xa 164 máis que hai unha semana. Ademais, non morría tanta xente nunha semana desde febreiro do ano pasado, 45 mortos comunicados na última semana, 10 onte.





 

incidencia acumulada semanal  baixa de  976  a 971 diagnósticos por 100.000 habitantes. De acordo a o novo semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de moi alto, o peor posible. A súa tendencia á baixa no últimos cinco días é artificial, non se corresponde a un pico real da pandemia, débese á citada redución de PCR realizadas.


incidencia acumulada a 14 días aínda crece, pero pouco, apenas 12 puntos ata 1.999, e pronto empezará a baixar, tamén artificialmente.  Con todo, constatar que case 2 de cada 100 galegos deu positivo por PCR nas dúas últimas dúas semanas non deixa de ser moi significativo. Continuamos en risco moi alto. 


O dobre da incidencia a 7 días (1.493 ) é menor  que a incidencia a 14 días (1.999). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 0,97 , por tanto na última semana houbo un 3  % de positivos menos que na penúltima. De novo esta melloría, que dura xa 11 días é artificial; causada polo menos en parte pola redución de PCR.


A taxa de positividade das PCR onte foi do 43%. Non, non é un erro tipográfico. Máis de catro de cada dez prubeas deu positivo. Récord absoluto, que esnaquiza a marca anterior de fai catro días, cando chegamos ao 37%.


Unhas taxas de positividade tan disparatadas só explícase por que a Xunta está a facer moitísimas menos PCR das que pode. O domingo, día de orixe dos datos de hoxe, completou unhas 5.600. A media móbil a 7 días, que chegou a ser de máis de 16.200, caeu xa a 11.000.






O resultado é a media semanal da taxa de positividade segue en valores récords, por encima do 32%, o que loxicamente corresponde a risco moi alto no semáforo.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 5,5%.  Non parece moito, pero axuda a que a media semanal  confirme o parón no seu descenso; incluso volvendo crecer hoxe por segundo día consecutivo, subindo de 4,4% a 4,5%.


Isto son pésimas noticias. Non nos podemos fiar da estatística de contagios porque está baseada nunha cantidade de PCR artificialmente baixa. Si nos podemos fiar da gráfica de casos activos, porque aí a Xunta tamén suma os que autodeclaran positivo tras facerse un antígeno en casa. O que nos di a derivada da gráfica de casos activos é que a melloría, que levaba máis dunha semana a gran ritmo, freouse en seco nos últimos días. Unha posible explicación é o esperable aumento da mobilidade por fin de Ano e o consecuente repunte de casos que chegan ás estatísticas uns dez días despois.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +3.780  . O total é de  casos activos é de  71.504 , novo récord absoluto. 


DATOS POR ÁREAS

Santiago (539) e  A Coruña (519) son  os distritos que máis positivos comunican hoxe.  As UCI seguen cunha ocupación contida, mesmo á baixa; pero os hospitalizados en planta rozan xa os 100 na Coruña e Vigo. 




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


ANÁLISE

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • O coronavirus segue en fase expansiva. O pico e o descenso que vemos nas gráficas de positivos e incidencias son espellismos provocados pola redución de PCRs. Así o confirman outros indicadores, en particular a derivada da curva de casos activos, que historicamente foi o mellor índice para estimar o rumbo da pandemia. 

    Vb6TV porcentaxe de cambio diario de casos activos de covid en galicia  (1)


  • O presidente indicou onte que non espera un pico ata a terceira ou cuarta semana do mes. Imos, que podemos chegar ao 30 de xaneiro coa sétima onda subindo. De cumprirse esta previsión e seguir o rumbo actual, a estatística mostra que o 30 de xaneiro de 107.000 casos activos. É dicir, a previsión é que a finais de xaneiro case o 4% dos galegos sexa caso activo e, por tanto, deba confinarse.
  • Pode aguantar unha sociedade tantos confinados á vez? Pode, á fin e ao cabo xa estivemos todos confinados ao mesmo tempo na primeira onda. O que é máis discutible é a estratexia política de quitarlle ferro ao asunto.
  • A fiabilidade de tantas cifras, índices e previsións dan para unha discusión eterna. Con todo, pouco ou nada discutible é a gráfica de defuncións, polo menos desde o inicio da primeira onda. A pesar da inmunización masiva cunhas vacinas que son excelentes, pero non infalibles, para previr falecementos, non morría tanta xente por covid desde febreiro de 2021. Algo que nos debe facer reflexionar sobre se realmente estamos a encarar ben a pandemia que cumpre dous anos. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE