Pulso entre Villarino e Alfredo García para liderar aos socialistas de Ourense
O mércores pechouse o prazo para presentar as precandidaturas, coas propostas de Rafael Rodríguez Villarino, actual secretario provincial, e Alfredo Laudelino García Rodríguez, alcalde do Barco.
O mércores pechouse o prazo para presentar as precandidaturas, coas propostas de Rafael Rodríguez Villarino, actual secretario provincial, e Alfredo Laudelino García Rodríguez, alcalde do Barco.
Non se presentou ás primarias Noela Blanco, que perdeu ante Villarino no anterior proceso e presentou unha lista alternativa ao Congreso Federal do PSOE por Ourense en outubro.
Rodríguez Villarino | Foto: EP
Duelo ao sol entre Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial do PsdeG ourenanso, e Alfredo Laudelino García Rodríguez, alcalde do Barco de Valdeorras, para liderar aos socialistas de Ourense.
O PSdeG fixo oficiais as dúas precandidaturas ás primarias para escoller ao novo secretario xeral ou revalidar a posición de Rodríguez Villarino. Agora, as dúas precandidaturas deben recoller os avais necesarios entre este 30 de decembro e o 8 de xaneiro para poder competir nas primarias.
Segundo o calendario establecido, do 9 ao 12 de xaneiro fíxanse os prazos para as proclamacións provisionais e, se se desen, a presentación de recursos. En diante, e ata o 22 de xaneiro, entraríase en período de campaña para a votación do domingo 23 de xaneiro. O proceso concluirá a fin de semana do 19 e 20 de febreiro, momento no que terá lugar o IV Congreso Procvincial Ordinario do PSdeG-PSOE de Ourense.
NOELA BLANCO
Quen non presentou o seu precandidatura, a pesar de que se especulou con esa posibilidade, foi Noela Blanco, que participou nas primarias de 2017 contra Villarino, próximo ao ex secretario xeral Gonzalo Caballero.
Blanco tamén foi noticia o pasado outono por presentar unha lista paralela á de Villarino para o Congreso Federal do PSOE celebrado en Valencia. Finalmente, e tras unha votación, a lista de Villarino foi elixida sobre a de Blanco.
Escribe o teu comentario