Os morosos de Facenda cústanlle 2.000 euros a cada español, segundo Ghesta
O sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) reclamou este luns que tamén se fagan públicas as débedas descubertas e sancións impostas a multinacionais, grandes corporacións empresariais e persoas con grandes rendas -aínda que non sexan morosas- cando superen o millón de euros despois da publicación da lista de morosos.

Mario Conde | Foto: EP
Martinsa-Fadesa, as construtoras Inalcuba e Epaat, Mario Conde e Clesa figuran na cabeza na lista de contribuíntes galegos que deben a Facenda máis de 600.000 euros, de acordo cos datos que publicou este luns a Axencia Tributaria.
No caso de Martinsa Fadesa, debe 24,08 millóns, cando debía 27 o ano pasado. Inalcuba sitúase con 9,77 millóns e a promotora Epaat con 8,02 millóns, mentres Mario Conde, que debía 8,4 millóns en 2020, agora aparece con 7,82. No caso de Clesa, son 6,66 os millóns de débeda con Facenda.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario