Volven os macrocribados: 8.000 convocados en Vigo por SMS para unha PCR de covid-19

A área Sanitaria de Vigo citará a unhas 8.000 persoas esta semana a realizar unha proba PCR para detectar posibles casos de Covid-19, a través dunha convocatoria que empezará con SMS a menores de 50 anos dos centros de saúde da cidade olívica.

|

Segundo os últimos datos da Xunta por municipios,  Vigo está en nivel de risco alto cunha incidencia acumulada de entre 75 e 125 positivos por 100.000 vigueses á semana.


A razón de taxas de Vigo é de 1,37; o que quere dicir que na última semana houbo un 37% de positivos máis que na penúltima.


O cómputo de positivos a 7 días en Vigo é de 334, o xoves pasado eran só 185.


Cribado no Porto de Vigo nunha imaxe de arquivo



A área Sanitaria de Vigo citará a unhas 8.000 persoas esta semana a realizar unha proba PCR para detectar posibles casos de Covid-19, a través dunha convocatoria que empezará con SMS a menores de 50 anos dos centros de saúde da cidade olívica.

Segundo informou esta área sanitaria, deste xeito o Sergas renova a realización de cribados programados á poboación asintomática da área Sanitaria de Vigo.


LOCALIZACIÓN

Esta semana citará a 8.000 persoas para realizarse a PCR no Punto de Atención Móbil (PAM) emprazado nas Avenidas fronte ao Náutico de Vigo.


Deste xeito, esta área sanitaria renova os cribados poboacionais a poboación asintomática. Tamén programou un cribado específico para traballadores do Porto de Vigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE