Traballadores de Xeal, antgua Ferroatlántica, dan o seu apoio a unha compañeira que denunciou abuso sexual e laboral

Unha vintena de traballadores da empresa Xeal concentráronse na mañá deste mércores ás portas dos xulgados da Coruña para dar apoio a unha das súas compañeiras, que denunciou un caso de abuso sexual e laboral cometido supostamente por un superior.



|

Desde o comité de empresa alegan que a compañía "tento ocultar" o escándalo e piden que se faga xustiza para que "non volvan repetirse" estes sucesos. 


O representante dos traballadores lembrou que o presunto agresor tamén está acusado de abuso laboral por outra compañeira.


Acoso sexual xeal

Concentración en XEAL | Foto: CXT


Unha vintena de traballadores da empresa Xeal concentráronse na mañá deste mércores ás portas dos xulgados da Coruña para dar apoio a unha das súas compañeiras, que denunciou un caso de abuso sexual e laboral cometido supostamente por un superior.

Segundo explicou o presidente do comité de empresa, Alfonso Mouza, os traballadores consideran que a compañía "tentou ocultar" o caso, polo que se concentraron para que se faga xustiza coa súa compañeira e "non volvan repetirse situacións similares".

Os feitos denunciados ocorreron o ano pasado e, segundo manifestou Mouza, a empresa fixo "caso omiso" do Plan de Igualdade que ten a compañía.

O presidente do comité dixo que tras o incidente, a súa compañeira foi trasladada ao mesmo lugar que o seu agresor, algo interpretado como "unha represalia" por presentar a denuncia.

Preguntado pola resposta que lles deu a empresa, Mouza apuntou que esta "externalizó" a investigación, que concluíu con que "non houbo abuso laboral nin sexual".

O representante dos traballadores lembrou que o presunto agresor tamén está acusado de abuso laboral por outra compañeira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE