Un home de Pontevedra acusado de mandar fotos co torso espido e acosar a unha muller de Lugo
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos tecnolóxicos, imputaron un delito de acoso contra a liberdade das persoas a un home de 34 anos veciño dunha localidade da provincia de Pontevedra, que enviou a unha muller da capital luguesa fotos co torso espido e mensaxes.
O home negouse a declarar en Comisaría mentres que a denunciante relata que sofre ataques de ansiedade e que ignoraba quen lle enviaba as mensaxes.
Comisaría da Policía Nacional en Pontevedra nunha foto de Google Street View
Segundo informou a Policía Nacional, estes feitos foron postos en coñecemento deste corpo o pasado 18 de outubro. A denunciante, veciña de Lugo, denunciou o acoso que recibía a través de mensaxes no móbil.
ANGUSTIA E ANSIEDADE
Nestas mensaxes solicitábase que falase co interlocutor de maneira insistente, de forma que parecía que, sostén a Policía, "esa persoa coñecía á vítima de forma próxima, ademais de enviar diferentes fotos, con partes do corpo descubertas".Isto derivou na denuncia da vítima, a cal "se atopaba moi angustiada, xa que se podería pensar que era alguén próximo e xeráballe ansiedade", subliña a Policía.
En concreto, as mesmas fontes policiais puntualizaron que a muller acosada "sufriu ansiedade grave" porque "pensábase en alguén da contorna laboral", o cal descartaron as investigacións.
O ACUSADO GARDA SILENCIO
Con todo iso, os policías encargados da investigación, tras pedir as autorizacións para realizar as investigacións sobre os números de teléfono implicados no caso, localizaron a titularidade na provincia de Pontevedra."Xa centrada a investigación, só quedaba realizar unhas dilixencias para dar por finalizada a mesma, a cal culmina coa identificación e localización do autor do acoso", indican as mesmas fontes.
Unha vez localizado o acosador foi informado do delito do cal está acusado e este rexeitou realizar ningún tipo de declaración en sede policial. De todo iso foi informada a autoridade xudicial.
Escribe o teu comentario