Gonzalo Caballero anótase un tanto pactando con Abel Caballero para o Congreso do PSdeG

Durante lustros, sobriño e tío foron duros rivais nos debates internos do PSdeG de Vigo.



|

Durante lustros, sobriño e tío foron duros rivais nos debates internos do PSdeG de Vigo.


Na recta final das primarias, o alcalde de Vigo decántase polo rival de Formoso, que é presidente da Deputación da Coruña. Unha eventual vitoria do alcade das Pontes faría desprazarse o equilibrio de poder do PSdeG cara ao norte.


Gonzalo e Abel Caballero cando presentaron o pacto para unha lista comu00fan no Congreso do PSOE

Gonzalo e Abel Caballero cando presentaron o pacto para unha lista comu00fan no Congreso do PSOE 



O aspirante para revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo, Abel Cabellero, selaron un acordo para configurar unha lista de unidade ao XVI Congreso que o Partido Socialista celebrará os próximos días 7 e 8 de decembro.

Este anuncio prodúcese a dous días de que os socialistas galegos celebren primarias para elixir o seu Secretario Xeral para o próximos catro anos nas que se enfrontarán o propio Gonzalo Caballero e o secretario xeral do PSOE provincial da Coruña, Valentín González Formoso. Para este proceso, o rexedor de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, asegurou que non participaría en ningunha das presentacións oficiais dos candidatos.


Do acordo informou a candidatura de Gonzalo Caballero nun comunicado remitido aos medios, no que dá conta das distintas reunións mantidas este xoves polo dirixente socialista con militantes nos municipios coruñeses de Narón, Cambre, Oleiros e Culleredo.

O candidato para revalidar a dirección do PSdeG tamén participou en unha ofrenda floral a Pablo Iglesias en Ferrol, desde onde puxo en valor este acordo para "facer unha lista de unidade da agrupación socialista de Vigo", que é a súa agrupación de fronte ao congreso.


Este pacto, en palabras de Gonzalo Caballero, "representa a vía de integración e fortalecemento do partido" que vai levar adiante no próximos catro anos. Caballero sinalou a "boa sintonía" co alcalde de Vigo, con quen asegurou compartir que hai que "combater as políticas Feijóo e do PP sen complexos nin conivencias cando non fan ben as cousas".

Por iso, sinalou que ofreceu a Abel Caballero que encabezase unha lista de unidade dos 24 delegados e delegadas de Vigo ao 14 Congreso Nacional do PSdeG e destacou a "boa sintonía" mostrada polo alcalde ao aceptar liderar esa candidatura e a unidade de toda a agrupación.

PRECEDENTE DO CONGRESO ESTATAL
"É o modelo que queremos para o futuro do PSdeG", sinalou Gonzalo Caballero, que lembrou que el mesmo impulsou unha candidatura de unidade ao Congreso Federal do PSOE.

En paralelo, Gonzalo Caballero puxo en valor o modelo de Vigo como unha referencia que contribúe a fortalecer o proxecto socialista en Galicia. "Un éxito de xestión dun goberno local cunha alcaldía á fronte que non renuncia a confrontar con Feijóo e a plantarlle cara ás políticas da dereita na Xunta, tan prexudiciais para a maioría dos galegos e das galegas", recalcou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE