Rubén Diz e Begoña Domínguez impóñense na 15K Nocturna de Ourense
Os dous atletas repiten despois de conquistar esta competición en edicións anteriores.
Os dous atletas repiten despois de conquistar esta competición en edicións anteriores.
V Edición da 15K Nocturna Ourense Banco Mediolanum
A V Edición da 15K Nocturna Ourense Banco Mediolanum xa ten novos campións. Bo, novos é un dicir, porque Rubén Diz e Begoña Domínguez, gañadores en edicións anteriores, coroáronse no alto do podio nas categorías masculina e feminina, respectivamente.
Neste 2021 participaron case medio milleiro de deportistas nesta carreira emblemática que destaca polo seu aspecto solidario: todos os participantes doan un euro á 'Asociación Juan Soñador', entidade que axuda aos nenos no reforzo social educativo.
Na carreira nocturna, que partiu desde a Ponte Romana ata o Centro Comercial Ponche Vella, acompañaron a Diz no segundo e terceiro caixón Jonathan Fernández e Manuel Casado, mentres que Cora Zaborgo e Uxía Domínguez saíron con Begoña Domínguez na foto de gañadores.
Escribe o teu comentario