Stellantis (antiga PSA Citröen) parará todo o día mañá xoves pola falta de microchips

Non traballarán ningunha das dúas liñas de produción debido á falta de compoñentes, en concreto microchips.Lla previsión é que o venres se retoma a actividade na quenda de mañá, que empeza ás seis.


|

A factoría ten en marcha un ERTE ante os continuos paróns debido á falta de compoñentes. O acordo, que non asinou a CUT, non protexe a traballadores eventuais e fixos a tempo parcial.



Arquivo - Dous empregados do grupo Stellantis traballan na planta de Vigo.





A dirección da planta de Stellantis en Vigo acaba de comunicar aos sindicatos que a factoría parará por completo mañá xoves. Non traballarán ningunha das dúas liñas de produción debido á falta de compoñentes, en concreto microchips, nin a fábrica de baterías.


A previsión é que o venres se retoma a actividade na quenda de mañá, que empeza ás seis. En todo caso, o parón supón un novo golpe para a factoría e para a industria auxiliar da comarca.


No que vai de ano, a fábrica deixou de fabricar uns 70.000 vehículos debido á falta de chips. En toda Europa, calcúlase que non se produciron case 1,5 millóns dos vehículos previstos.  


Na factoría olívica, a crise xa provocou a suspensión definitiva do traballo do Sistema 2 a fin de semana. Este sábado e domingo eran os últimos nos que ía funcionar.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE