Actos vandálicos contra a exposición fotoperiodística 'A vida negada' da rede Acampa pola Paz, na Coruña

A exposición fotográfica 'A vida negada', que a rede Acampa pola Paz ten instalada nos xardíns coruñeses de Méndez Núñez, rexistrou diversas desfeitas, segundo informa a organización.

|

A mostra pretende concienciar sobre os dereitos humanos e as consecuencias do saqueo de recursos en varios lugares do planeta.


"Resulta triste comprobar como a intolerancia ou a irresponsabilidade duns poucos, aproveitando a noite, furta aos coruñeses do seu dereito para estar informados e a mostrar o traballo de fotoperiodistas internacionais", lamentan os organizadores.


Actos de vandalismo na exposición de Acampa pola Paz

Desfeitas na exposición | Foto: EP


A exposición fotográfica 'A vida negada', que a rede Acampa pola Paz ten instalada nos xardíns coruñeses de Méndez Núñez, rexistrou diversas desfeitas, segundo informa a organización.

A mostra, que forma parte do V Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio celebrado entre o 9 e o 11 deste mes, pretende sensibilizar sobre os danos que o saqueo de recursos xera nas comunidades locais en distintos puntos do planeta.

"Nestes anos e en todas as nosas propostas concienciadoras a cidadanía coruñesa deunos exemplos máis que sobrados sobre o seu compromiso cívico e o seu interese por reflexionar ao redor dos Dereitos Humanos e o Dereito a Refuxio", sinalan desde o Movemento Acampa.

"Por iso resulta máis triste se cabe comprobar como a intolerancia ou a irresponsabilidade duns poucos, aproveitando a noite, furta aos coruñeses do seu dereito para estar informados e a mostrar o traballo de fotoperiodistas internacionais", engaden.

En concreto, denuncian que na última semana roubaron varias lonas con imaxes a gran formato, danado, desprendido ou dobrado os valos metálicos que lle dan soporte. De "desolador" cualifican desde Acampa o ocorrido.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE