Covid municipios: nova normalidade para Ferrol risco baixo para Santiago e Lugo mentres o brote escolar de Foz empeora




Educación indica que o foco de Foz ten orixe fose do colexio, o cal é unha perogrullada. Todo foco ten orixe fose do lugar onde se dectecta, sempre hai un primeiro caso que introduce o virus onde non circulaba. A clave é se na escola houbo ou non transmisión. Os números de Foz falan por eles mesmos. 


|


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios trae moi boas noticias para composteláns e lucenses pois caen a risco baixo, en amarelo no mapa.


A cidade con mellores niveis segue sendo Ferrol, que conquistou onte a nova normalidade, en verde no mapa.  O resto de urbes está en risco medio, en laranxa no mapa. Ourense sofre hoxe un repunte que eleva a súa razón de taxas a 1,  o que quere dicir que na última semana houbo os mesmos positivos que na penúltima, 39 en ambas as para ser exactos.


Foz, A Fonsagrada, Sobrado, Melón e Curtis soportan os peores niveis na actualidade, con máis de 250 casos por 100.000 habitantes. Todos, salvo Foz, son municipios con poucos habitantes  onde un brote basta para elevar a todo o municipio ao máximo nivel de risco.


VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,76, o que quere dicir que na última semana houbo un  24% menosde positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal, que é o que está a suceder agora mesmo en Ourense e Ames.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Culleredo 0,00
  • Piñeiro (Ou) 0,00
  • Pobra do Caramiñal A 0,00
  • Lugo 0,36
  • Santiago de Compostela 0,41
  • Pontevedra 0,42
  • Monforte de Lemos 0,49
  • Coruña (A) 0,63
  • Arteixo 0,72
  • Vigo 0,95



Municipios onde os positivos nin soben nin baixan desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é exactamente 1:


  • Ames 1,00
  • Ourense 1,00



Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Barco De Valdeorras (Ou) 1,29
  • Vilasantar 1,83
  • Foz 1,94



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Podemos comprobar que o brote escolar en Foz segue crecendo e son xa 36 os positivos nas últimas dúas semanas. Deles, 35 diagnósticos foron na última semana. Son tres máis dos que había onte.  


Antes de que se saltase o brote, os positivos semanais non chegaban a 9. Por tanto, podemos deducir -e é obrigado deducir vista o déficit de transparencia da Xunta- que o brote de orixe escolar en  Foz rolda xa os 25 contagios. A pesar diso, a Xunta insiste en non recoñecer un brote escolar. De feito, non recoñeceu ningún brote escolar en toda a pandemia. 


Educación indica que o foco de Foz ten orixe fose do colexio, o cal é unha perogrullada. Todo foco ten orixe fose do lugar onde se dectecta, sempre hai un primeiro caso que introduce o virus onde non circulaba. A clave é se na escola houbo ou non transmisión. Os números de Foz falan por eles mesmos. 


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Ames +1
  • Ourense +2
  • Foz +3
  • Barco De Valdeorras (Ou) +3



Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Santiago de Compostela -13
  • Pontevedra -7
  • Coruña (A) -6
  • Vigo -5
  • Lugo -4
  • Monforte de Lemos -3
  • Arteixo -2



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA


Os casos activos de covid-19 manteñen este domingo a tendencia descendente e alcanzan os 2.194, que supoñen 193 menos que os rexistrados ata a xornada anterior, ao haber máis altas (264) que novos diagnósticos (75), ao que hai que sumar catro falecidos notificados por Sanidade na tarde do sábado.




De feito, esta diminución vólvese a replicar nas sete áreas sanitarias. A da Coruña contabiliza nos datos deste domingo 575 pacientes de coronavirus --58 menos-- e séguelle a de Lugo, con 433 (-37).

Tamén descenden os casos activos na de Vigo, con 386 en total (-17); na de Santiago, con 344 (-31); na de Ourense, con 246 (-25); na de Pontevedra, con 148 (-12); e na de Ferrol, con 62 (-13). 

DATOS DE HOXE POR ÁREA
En canto aos novos contagios de covid-19 detectados nun só día por todo tipo de probas, descenden a 75, que implican 24 menos que os 99 da xornada anterior.

Todas as infeccións rexistradas foron por probas de diagnóstico de infección activa. A área da Coruña foi a máis afectada, con 17 novos casos de covid, seguida da de Vigo, con 16, e da de Ourense, con 14.

Tras estas, están a de Lugo, con 13 novos casos diagnosticados; a de Santiago, con nove; a de Ferrol, con catro; e a de Pontevedra, con só dous contagios.



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA



Ur7ci incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (9)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE