A próxima gran banda galega sairá dun garaxe en pleno centro de Compostela: nace GaraxeLand
“Deste xeito, Eduardo Vidal Janeiro, director do centro, pretende dar resposta a estas demandas a través dunha metodoloxía práctica; promovendo a posta en escena, o establecemento de vínculos en todas as etapas do proceso musical e a profesionalización do sector”, destacan, á vez que inciden en que se poderá coñecer o centro de forma gratuíta mediante unha primeira sesión concertada.
O espazo GaraxeLand, que abrirá as súas portas o próximo 15 de setembro, promete ser un punto de encontro para a escena musical galega en Santiago de Compostela.
A aprendizaxe, a creación e a convivencia de estilos prometen ser os eixos centrais deste formato.
GaraxeLand | Foto: GaraxeLand
Os garaxes teñen unha importancia capital na historia da música. É imposible contar cantas bandas, grandes e pequenas, naceron nos garaxes particulares dos músicos que máis tarde encherían estadios. A partir do 15 de setembro, gran parte da música de Santiago de Compostela concentrarase no GaraxeLand, un espazo que busca, ademais de homenaxear a todas esas bandas que ocupaban o sitio destinado aos coches, ser un refuxio para os artistas da zona.
Así, a semana que vén darase comezo “ouna experiencia musical completa que pretende ser reveladora en termos de aprendizaxe, creación e convivencia”, como sinalan os organizadores. O local, na rúa Montero Ríos, atópase en pleno centro da capital, facéndoo moi accesible para todos os públicos.
“Este innovador formato ten como obxectivo principal achegar a música, en todas as súas variantes, ao público xeral; personalizando, en todo momento, o proceso de aprendizaxe. Así pois, existen diferentes opcións didácticas para todos os públicos, centrados en idades, niveis e instrumentos”, agregan. Ademais dunha rica oferta formativa e de contar cun estudo de gravación, o espazo tamén pretende acoller actividades culturais para coñecer todo aquilo que compón o mundo da música máis aló dos instrumentos, tocando paus como o cinema, o cómic ou a ilustración.
“Deste xeito, Eduardo Vidal Janeiro, director do centro, pretende dar resposta a estas demandas a través dunha metodoloxía práctica; promovendo a posta en escena, o establecemento de vínculos en todas as etapas do proceso musical e a profesionalización do sector”, destacan, á vez que inciden en que se poderá coñecer o centro de forma gratuíta mediante unha primeira sesión concertada.
Os alumnos do centro dispoñerán desta forma dun trampolín non só para aprender
senón tamén para darse a coñecer na escena galega ou facer os seus primeiros primeiros pasos sobre un escenario. “Temos un obxectivo a medio prazo: ser o caldo de cultivo para que en 4 ou 5 anos haxa unha xeración tremendamente profesionalizada e un boom de bandas co selo galego. Queremos reforzar o excelente estado de forma no que se atopa agora mesmo a música independente e autoeditada 'feita en Galicia' “. A próxima banda galega sairá dun garaxe, pero o máis profesional da comunidade.
Escribe o teu comentario