Cortes na AP-9 por barricadas de lume os traballadores de Ence á altura de Pontevedra (vídeos)

Grupos de traballadores de Ence cortaron o tráfico nos accesos a Pontevedra e fixeron barricadas coa queima de pneumáticos, no marco das súas protestas en defensa da prórroga da concesión da fábrica pasteira en Lourizán.

|

Os asalariados primeiro protestaron pola zona vella fronte ao Concello e a Subdelegación do Goberno e pouco despois  compañeiros cortaban os accesos á cidade.


Barricada dos traballadores de Ence en Pontevedra nunha foto de @ComisionOctubre

Barricada dos traballadores de Ence en Pontevedra nunha foto de @ComisionOctubre




Barricada dos traballadores de Ence en Pontevedra nunha foto de @CeaPontevedra

Barricada dos traballadores de Ence en Pontevedra nunha foto de @CeaPontevedra


Grupos de traballadores de Ence cortaron o tráfico nos accesos a Pontevedra e fixeron barricadas coa queima de pneumáticos, no marco das súas protestas en defensa da prórroga da concesión da fábrica pasteira en Lourizán.



En concreto, sobre as 8,30 horas cortaron o tráfico na rotonda ante a fábrica, interrompendo a circulación na autovía de Marín, que enlaza coa AP-9, e na entrada á cidade pola N-550.

A situación obrigou a reorganizar o tráfico. Tamén acudiron á delegación territorial da Xunta, que abandonaron para desprazarse ao Concello e á Subdelegación do Goberno.


 









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE