Protesta porque o Centro de Saúde de Monfero funciona sen médicos e o SERGAS di que non dá fichado máis
Aseguran que levan tres sábados consecutivos sen atención dun facultativo no centro de saúde
Os monferinos levan xa tres sábados seguidos sen atención dun facultativo no seu centro de saúde tras a xubilación dun galeno
Protesta de veciños de Monfero pola falta de médicos nunha foto de Julian Dorie
PERSOAL DE REFORZO
Os monferinos, que desde hai semanas recollen firmas para pedir unha solución, lembran que o municipio é moi extenso e a súa poboación, "envellecida". "Ademais", explicou Luz Tojeiro, unha das portavoces dos veciños, "moitos deles son dependentes, polo que se a médica ten que saír a atender a un deles, o centro queda sen facultativo".Tojeiro afirma que tras a xubilación dun dos dous médicos que atenden o centro do municipio, a área Sanitaria de Ferrol puxo un reforzo dous días á semana durante unhas horas, pero "esa medida apenas durou unhas semanas".
REFORZO ATA XUÑO
Así, a mediados de xuño, sinalou, "deixaron de enviar ese reforzo", e quedou só un médico. A isto súmase, apunta, que a facultativa do ambulatorio está de vacacións e, "de feito", engade, "hoxe, por exemplo, non hai ningún". Ademais, lembra unha das portavoces dos veciños, levan "xa tres sábados sen atención médica".
Por parte da área Sanitaria, afirma Tojeiro, explicóuselles que non se pode cubrir a praza "por falta de médicos", unha circunstancia que os veciños aseguran "poder entender", pero, insisten, "tampouco" poden "estar desatendidos".
Escribe o teu comentario