Pico da quinta onda? Primeiro sinal claro chega coas hospitalizacións empezando a dispararse


Os 963 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra no últimos cinco días e o segundo día consecutivo de caída de diagnósticos. 


|

Os 963 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra no últimos cinco días e o segundo día consecutivo de caída de diagnósticos.

 

Os casos activos soben en 763. Sendo como é un crecemento brutal, a boa noticia é que, desde un punto de vista semanal, as subidas de casos activos empezan a non ser cada día máis grandes. Esta é o primeiro sinal claro da proximidade do pico da quinta onda. 


Agora ben, non se pode afirmar rotudamente que esteamos a piques de dobrar a curva. A maior transmisibilidade do variante delta fai que predicir o comportamento da crise actual en base á evolución de ondas pasadas teña moita marxe de erro.






O comportamento diferente do variante delta déixase ver, por exemplo, na virulencia da explosión de contagios, xamais vista. A incidencia acumulada semanal está xa case en 270, cando hai un mes non chegaba nin a 80.


incidencia acumulada a 14 días crece de 365 a 392 positivos por cada 100.000 habitantes á semana, o peor rexistro desde o 12 de febreiro.  


O dobre da incidencia semanal ( 539,5 ) é moito maior que a incidencia bisemanal ( 392  ). A razón de taxas é 1,3; o que ao ser maior a 1 confírmanos que a última semana foi peor que a penúltima, con aproximadamente un 30% máis de contagios.


Este indicador, que hoxe incorpora á súa análise estatística diario, xamais estivo tan alto como onte, que chegou ao 1,4. Na terrible onda de xaneiro non pasou do 1,29. 


A taxa de positividade onte foi dun alarmante 16,3%. É o segundo peor resultado de toda a serie histórica.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

A consecuencia é que a media semanal da taxa de positividade bate o seu récord e por vez primeira en toda a pandemia supera o 15%. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia  entra no peor dos niveis posibles, risco extremo. Algo incrible despois de pasar meses en niveis de nova normalidade, en torno ao 2,2%.



A incidencia semanal segue en risco extremo e no mellor dos escenarios posibles aí seguirá ata case o final do verán. A boa noticia é que o salto de hoxe é algo menor que os brutais aumentos de xornadas pasadas.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 7% . A media semanal, o indicador máis relevante, baixa un pouquiño,  do 12,5% ao 11,9%.


Este descenso, aínda que pequeno, é moi boa noticia. Mellora por vez primeira desde o 8 de xuño. 


Ao achegarse, aínda que sexa só pasito tímido a cero, a derivada da curva de casos activos está a dicirnos que, desde o punto de vista semanal, cada día que pasa xa non hai máis e máis enfermos, empeza a ver menos e menos. Moi poucos menos, pero menos á fin e ao cabo.


Galicia consegue isto, ademais, despois de varios días en que a curva se había ido aplanando. Nas catro ondas anteriores, este cambio de tendencia precedeu ao pico dos contagios semanais e foi o primeiro indicador claro de melloría. 




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso  +723, que deixa o total en Galicia en  11.086  casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue crecendo en Galicia desde o punto de vista semanal, tanto en contagios como en taxa de positividade.
  • A velocidade de propagación desta quinta onda foi a máis rápida en toda a pandemia, exceptuando a primeira, cando non houbo datos fiables.
  • Hai varios indicadores de que esa rapidísima velocidade pode estar a empezar a perder forza. A derivada de casos activos cae por vez primeira en mes e medio e a razón de taxas semanais leva xa cinco días sen crecer. 

    OL6XC porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (1)


  • Noutros escenarios poderíase afirmar con seguridade de que o pico da onda está próximo. Agora é moito máis incerto, pois ao ser o variante delta máis contaxiosa o  comportamento desta onda pode ser significativamente diferente. Ademais, os picos doutras ondas chegaron precedidos de restricións, o que agora non é o caso. Ao noso favor xoga a elevada porcentaxe de vacinados, ausente noutras ondas, que ademais crece día tras día. Na nosa contra o exemplo británico, onde os contagios seguen á alza máis de mes e medio do espertar da súa actual onda.
  • Alcancemos o pico de contagios pronto ou non, o que está claro é que a quinta onda si terá efectos notables no sistema sanitario. Onte houbo 21 hospitalizados máis en planta, hoxe o salto é de 19 máis. 
  • O SERGAS non soportaba tales niveis de ingresos desde a terceira onda de febreiro. En tres semanas pasamos de 30 hospitalizados en planta a 119. É dicir, multiplicáronse por catro. Como no mellor dos casos, de que alcancemos pronto o pico de contagios, aínda quedarían tres semanas polo menos de incremento de hospitalizados, non é alarmista afirmar que a cifra de hospitalizados de Galicia pode chegar ou superar os 300 nesta crise. Hai que ter en conta que en só dous días creceu en 30 a cantidade de hospitalizados.


DATOS POR ÁREAS

Vigo (224) é a área con máis novos positivos de Galicia hoxe. Relativas boas noticias para o distrito máis castigado por esta quinta onda, Ourense, que hoxe queda en 109 diagnósticos.  Ourense, por certo, xa ten 30 enfermos hospitalizados cando aínda quedan moitas semanas por diante de aumento de presión hospitalaria.





Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE