Centos de persoas protestan contra os parques macroeólicos que planea autorizar o Goberno de España

Máis de dous centenares de persoas concentráronse na mañá deste xoves ás portas da Delegación do Goberno de Galicia, na Coruña, para protestar contra a instalación de parques macroeólicos.

|


Madrid conserva a competencia de autorizar ou denegar os parques eólicos de máis de 50 megawatios


O deputado Antón Gómez Reino de Galicia en Común foi un dos representantes políticos que acudiu á concentración 


Concentraciu00f3n contra os novos parques eu00f3licos foi convocada pola asociaciu00f3n veciñal 'Monfero dei Non'

Concentración contra os novos parques eólicos 


Máis de dous centenares de persoas concentráronse na mañá deste xoves ás portas da Delegación do Goberno de Galicia, na Coruña, para protestar contra a instalación de parques macroeólicos.

A concentración foi convocada pola asociación veciñal 'Monfero di Non', e participaron outras asociacións como 'Paderne', 'Asociación A-Legre' , 'Cabanas di Non', 'S.OS. Patrimonio Monte do Gato Seselle', 'Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras' e 'Petón do Lobo', que representan aos municipios de Monfero, Oza-Cesures, Mesía, Cabanas, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.

IMPACTO NA ECONOMÍA LOCAL
Na protesta puidéronse ver pancartas con lemas como 'Eólicas así non', 'Veciños unidos, xamais serán vencidos' ou 'macroeólicos non', que portaban as numerosas persoas que se reuniron fronte á delegación.

Iñaki López, representante da plataforma 'Monfero dei Non', explicou que a protesta buscaba "unha moratoria eólica e a paralización de proxectos macroélicos nas nosas aldeas". Segundo trasladou, estes proxectos afectan a "espazos gandeiros, madeireiros ou ao uso turístico, que afectan á nosa vida e á nosa economía".

PENA DO CURVO
A asociación 'Monfero dei Non' sumou 1.700 alegacións presenciais contra o proxecto do parque eólico en Pena do Curvo. López sinalou a dificultade para dar información aos veciños, xa que "son lugares deslocalizados, e hai veciños que nin coñecen o que é unha alegación".

Tamén mostrou o seu descontento co Goberno, xa que segundo afirmou o representante da asociación, "a administración é incapaz de admitir todas as alegacións que presentamos", por iso pide "igualdade de condicións" para que non se vulneren os seus dereitos.

Tamén piden ao Goberno que revise as leis da distancia ás casas, "non poden ser leis de hai 20 anos cando os muíños agora miden tres veces máis", explica o representante de 'Monfero dei Non'

"As empresas non falan connosco, entran nas nosas leiras privadas e marcan o chan sen dicirnos nada, fano ás agachadas. Isto é o que queremos que paralice o Goberno, que non admitan a trámite todos eses proxectos", resolveu Iñaki López.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE