Virá o Papa Francisco polo Xaobeo? Feijóo tentará convencelo nunha reunión
Conseguir que o prelado veña a Santiago supoñería un gran tanto político para o presidente da Xunta. Especialmente porque a viaxe ao Vaticano sérvelle como motivo para non manifestarse con Vox en Madrid.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, viaxará o vindeiro luns 14 de xuño ata a Santa Sé para reunirse co Papa Francisco. Neste encontro, estará acompañado polo arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.
Así o confirmou este domingo o Goberno galego nun comunicado, no que avanza que o presidente expoñerá "a importancia" que ten a celebración do Xacobeo 2021-2022 para Galicia no seu conxunto, así como para todos os peregrinos que deciden emprender o Camiño.
Feijóo tamén aproveitará o encontro para trasladarlle ao Papa "o seu agradecemento e o de todos os galegos" por decidir ampliar ata 2022 o Ano Santo.
Esta extensión, engade a Xunta, brindará "moitas máis oportunidades a Galicia e aos visitantes que se queiran achegar" a visitar a Comunidade, teniendo en cuenta que a pandemia aínda impón limitacións á mobilidade global.
Ademais, o presidente galego expoñerá ao Sumo Pontífice "os esforzos" que realiza o seu Executivo para "garantir un desenvolvemento seguro" do Xacobeo e para promocionalo no mundo "como unha porta aberta á espiritualidade e calma en tempos tan complexos".
O propio Feijóo xa confirmara o pasado mércores, na rolda de prensa posterior ao Consello, que sairía de viaxe o domingo 13 --día antes da súa reunión co Papa--, polo que non podería acudir á manifestación na Praza de Colón de Madrid convocada pola plataforma Unión 78 contra os indultos aos líderes independentistas cataláns, na que si participarán dirixentes do Partido Popular.
Escribe o teu comentario