Repuntan os contagios e a positividade en Galicia, que con todo segue perdendo casos activos
A comunidade rexistra uns moi malos números no que se refire a novos positivos, aínda que os casos activos manteñen un descenso constante e a un bo ritmo. Hoxe as PCR realizadas parecen repuntar lixeiramente despois da dramática xornada de onte, o que sen dúbida axudou a detectar a moitas máis persoas contaxiadas.
A comunidade rexistra uns moi malos números no que se refire a novos positivos, aínda que os casos activos manteñen un descenso constante e a un bo ritmo.
Hoxe as PCR realizadas parecen repuntar lixeiramente despois da dramática xornada de onte, o que sen dúbida axudou a detectar a moitas máis persoas contaxiadas.
Esta xornada os novos positivos pasan dos 108 de onte aos 167 de hoxe. A iso contribuíu indubidablemente o feito de que se practicaron case 1.300 PCR máis, aínda que a media de test diarios segue baixando e hoxe atópase xa por baixo das 6.000 diarias. Os días posteriores ao fin do estado de alarma a media lanzaba máis de 8.000 probas ao día.
A positividade, con todo, sobe de forma considerable: do 2,36% de onte ao 2,87% desta xornada. Segue sen ser, afortunadamente, unha positividade alarmante, pero si indica que os cribados están a detectar un bo número de positivos e que sería conveniente acelerar a intensidade dos test. A positividade media semanal atópase no 2,19%.
A pesar de todo, os datos non traen consigo un ascenso no número de casos activos, que hoxe volve baixar con 43 casos menos en 24 horas e deixa 2.701 casos en toda a comunidade.
Pola súa banda, se atendemos a a incidencia acumulada a sete días rexistra unha lixeira variación, ao repuntar ata os 33 casos por cada 100.000 habitantes, o que a deixa un pouco máis lonxe do risco baixo -25 casos- pero tamén moi lonxe do risco algo -50 casos-. A incidencia a catorce días, en cambio, si descende de novo ao pasar dos 76 casos por cada 100.000 habitantes de onte aos 74 de hoxe.
Ademais, a media móbil semanal segue marcando un bo ritmo de descenso. A comunidade evoluciona favorablemente ao ver baixar as súas cifras de casos activos a un ritmo non moi alto pero que permite rebaixar as súas cifras de forma constante. A media móbil atópase no -1,3%, un 0,2% peor que onte.
PRESIÓN HOSPITALARIA
Nos hospitais o escenario segue sendo aínda bo, a pesar de que hoxe repunta levemente a presión hospitalaria. Nas últimas 24 horas ocupáronse catro camas máis para pacientes Covid, polo que agora están a recibir asistencia hospitalaria 128 enfermos de coronavirus. Por outro banda, hai que destacar as 226 altas médicas que rexistrou onte Galicia.
En canto aos decesos, a comunidade non rexistrou nin unha soa morte causada polo coronavirus na última xornada. Segundo as cifras oficiais da Xunta de Galicia, 2.409 persoas perderon a vida pola enfermidade desde o estalido da crise sanitaria.
Escribe o teu comentario