Covid por concellos: estalido de contagios en Vigo e Mos; Ourense sobe e melloría leve no Barbanza

As cifras de hoxe nos municipios galegos revelan un aumento de casos activos considerable en Vigo e Mos, que con 20 e 18 casos máis nun só día ven crecer as súas cifras de forma drástica. Hoxe se reune o comité clínico da Xunta para analizar a evolución da comunidade desde o fin do estado de alarma, o que podería traer consigo novas restricións nalgúns concellos.



|

As cifras de hoxe nos municipios galegos revelan un aumento de casos activos considerable en Vigo e Mos, que con 20 e 18 casos máis nun só día ven crecer as súas cifras de forma drástica. Hoxe reúnese o comité clínico da Xunta para analizar a evolución da comunidade desde o fin do estado de alarma, o que podería traer consigo novas restricións nalgúns concellos.


Ourense tamén crece de forma notable, mentres as demais cidades galegas melloran as súas cifras. Só a cidade de Ferrol atópase en risco baixo -amarelo no mapa- mentres as demais permanecen no nivel de risco medio -laranxa no mapa-.


Doutra banda, cabe destacar a melloría na comarca do Barbanza, que ofrecía o peor escenario a nivel galego. Hoxe Ribeira descende ata o nivel laranxa, mentres que as subidas en Boiro e A Pobra son menos pronunciadas que en días anteriores, o que podería anticipar a estabilidade da comarca, que con todo segue nunha situación delicada. Lobios é o único concello no nivel de alerta máis alto, cunha incidencia acumulada por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes.



Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Vigo +20
  • Mos +18
  • Ourense +10
  • Vilagarcía +3
  • O Barco de Valdeorras +2
  • Moaña +2
  • Nigrán +2
  • Ames +1
  • Boiro +1
  • Narón +1
  • A Pobra do Caramiñal +1
  • Ordes +1




Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:



  • A Coruña -6
  • Ribeira -5
  • Santiago de Compostela -5
  • Lugo -3
  • Pontevedra -3
  • Cambados -2
  • Marín -2
  • Cangas -1
  • Lobios -1
  • Culleredo -1




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



COMPARATIVA DE CIDADES

Esta xornada deixa un gran salto de casos na cidade de Vigo, que crece cunha variación dunha vintena de casos máis desde onte, cando liderou os descensos cunha rebaixa de 52 casos en só un día. A situación fluctuante da cidade olívica é o gran condicionante dos repuntes que rexistra a área viguesa, hoxe tamén moi condicionada polo ocorrido en Mos.



Con todo, hoxe tamén destaca a alza de casos en Ourense. A cidade termal leva días escalando nas súas cifras dunha forma máis ou menos pausada, pero hoxe pega un acelerón significativo cunha decena de casos máis.


Con todo, só Vigo e Ourense soben hoxe. A Coruña encabeza os descensos con seis casos menos desde onte, seguida de Santiago de Compostela, que perde cinco casos. Lugo e Pontevedra ofrecen pola súa banda unha variación de tres casos menos cada unha.



Ferrol, pola contra, mantense por baixo dos dez casos e sen variación. 




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Por áreas, e como consecuencia do ocorrido en Vigo e Mos, a área viguesa é a que lanza hoxe os peores datos cun ascenso de catorce casos activos máis desde onte. As probas PCR detectaron 84 novos positivos na área olívica, o que representa a metade do total de positivos rexistrados no conxunto de Galicia. A positividade na área viguesa atópase, con todo, por baixo do 5% que marca a OMS: 4,5%. 


Ferrol, tras varios días estancada, logrou rebaixar onte as súas cifras, pero hoxe volve subir aínda que con só catro casos activos máis, o que a mantén como a área menos afectada de Galicia. Onte computou seis novos contagios, cunha positividade do 0,8%. 


As demais áreas ofrecen un descenso nos seus casos activos. O maior rexístrao a área da Courña, cunha trintena de casos activos menos en 24 horas. A área herculina anotou 21 novos positivos, cunha positividade nos test do 1%. Tras a coruñesa atópase a de Pontevedra, que reduce en 17 os seus casos activos. Con todo, a positividade na área pontevedresa sobe ata o 5,5%, a máis alta hoxe, despois de contar unha quincena de contagios.


Ourense descende con dez casos activos menos, logo de engadir catorce contagios cunha positividade do 4,3%. Santiago de Compostela e Lugo fan o propio con tres e un caso activo menos. A positividade na área da capital é do 2,2% despois de localizar 16 novos positivos; na lucense a positividade chega ao 5,2%, tras detectar once contagios. 




ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Por áreas sanitarias, descenden nas da Coruña e Cee (-30); Pontevedra e O Salnés (-17); Ourense (-10); Santiago e Barbanza (-3) e Lugo (-1); mentres que soben lixeiramente nas de Vigo (+14) e Ferrol (+4).

Deste xeito, a de Vigo continúa á cabeza en infeccións activas con 831; seguida da Coruña e Cee, con 568; Santiago e Barbanza, con 440; Pontevedra e O Salnés, con 395; Ourense, con 211; Lugo, con 168; e Ferrol prosegue á cola con 88. 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, descenden a 32 os pacientes Covid en UCI, seis menos; e ascenden a 128 os que se atopan noutras unidades, catro máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en tres das sete --Vigo, Lugo e Pontevedra-O Salnés--; aumenta na da Coruña e Cee, e mantense nas outras tres --Ourense, Santiago-Barbanza e Ferrol--.

En concreto, na área de Vigo caen a oito os hospitalizados en UCI --tres menos-- e seguen 33 noutras unidades. Polo seu lado, na de Pontevedra e O Salnés continúan sete en críticos e descenden a 19 os ingresados noutras unidades --uno menos--, mentres que na de Lugo redúcense a oito os doutras unidades --uno menos-- e prosegue un en Unidade de Coidados Intesivos.

Pola súa banda, na área da Coruña e Cee descenden a sete os pacientes ingresados en UCI --dúas menos-- e soben a 36 os que permanecen noutras unidades --cinco máis--.

Na área de Ourense seguen tres en UCI e 10 noutras unidades; na de Santiago e Barbanza continúan cinco en críticos e 19 noutras unidades de hospitalización; e na de Ferrol aínda que baixa a un paciente en UCI --uno menos-- soben a tres os doutras unidades --uno máis--. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE