Un home cae dun tellado en Boiro e o helicóptero do 061 aterra nun campo para levalo ao hospital (vídeo)

O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuou ata un hospital da Coruña a un home ferido tras precipitarse dun tellado na localidade coruñesa de Boiro.

|

O helicóptero do 061 tivo que tomar terra nun escampado para recoller ao ferido, de 59 anos


Imaxe da evacuacion nunha foto do twitter helico Santiago

Imaxe da evacuacion nunha foto do twitter @Jodon78


O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuou ata un hospital da Coruña a un home ferido tras precipitarse dun tellado na localidade coruñesa de Boiro.


Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 11,30 horas deste xoves no lugar de Pazos, no concello de Boiro, un home sufriu unha caída desde un tellado.

Para dar apoio á aeronave, o 112 Galicia avisou a axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos membros de Protección Civil da localidade.

Ademais, do helicóptero medicalizado, o 061 tamén mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria de Boiro, pero finalmente foi a aeronave a que levou ao ferido, F.J.L.G., de 59 anos, ao Hospital A Coruña, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.


Así foi o despegamento da aeronave nun vídeo de M. Godón:





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE