Dous presos por tentar atropelar á Policía Local e pegarlle á Policía Nacional en Santiago

Un condutor e o seu acompañante foron detidos na tarde do martes en Santiago de Compostela por un suposto delito de atentado a axentes da autoridade.

|

Polo centro, con catro pasaxeiros sen máscara, coa música ao máximo e os portelos baixados. Así viaxaba un coche ata que o tentou parar un axente da Local. A cousa foise torcendo a partir dese momento.





SEN MÁSCARA E COA MÚSICA Coma unha bala

Segundo informa o Concello nun comunicado, sobre as 20,45 horas do martes un vehículo circulaba pola Praza Roxa con catro ocupantes que non levaban máscara, ademais de ir cos portelos baixados coa música "a todo volume".

O vehículo detívose por motivos de tráfico na Rúa Frei Rosendo Salvado, de modo que un axente da Policía Local dirixiuse ao condutor para que detivese o turismo.


ATRAPADOS NO BARRIO DE SANTA MARTA

Segundo este relato, o condutor fixo caso omiso e iniciou a marcha "bruscamente", o que obrigou a un axente para apartarse da súa traxectoria para non ser atropelado.

Posteriormente, o vehículo foi localizado na rúa Santa Marta, onde se procedeu á detención do condutor e dun ocupante, o cal se negou a baixar do vehículo, tras o que tentou agredir a axentes da Policía Nacional desprazados ata o lugar.

Pola súa banda, o vehículo quedou inmobilizado por circular sen seguro obrigatorio e foi denunciado por non ser sometido á ITV.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE