Covid por concellos: o panorama empeora na cidade de Vigo mentres todas as áreas crecen salvo Ferrol

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que o conxunto da comunidade empeorou desde o inicio da Semana Santa, especialmente na costa.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que o conxunto da comunidade empeorou desde o inicio da Semana Santa, especialmente na costa. 


Das cidades Vigo empeora a pasos axigantados cunha vintena de casos máis na súa última variación. Salvo a feliz excepción de Ferrol, todas as áreas santiarias ven crecer hoxe as súas cifras de casos activos, con Ourense como a que máis sobe.



Das cidades, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo atópanse no nivel laranxa con unha incidencia semanal de entre 75 e 25 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que Ourense e Ferrol contan con unha incidencia de entre 25 e 10 casos por cada 100.000 habitantes, en nivel amarelo. 


Da sete cidades é a olívica a que máis crece, con 20 casos máis desde a última actualización. Nestas 24 horas tamén sofren unha variación importante A Coruña, Santiago e Ourense, con cinco máis. A cidade do Lérez crece en dous casos máis, mentres que Ferrol cae por baixo da decena e Lugo non rexistra cambios. 


Por concellos, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo sofren a maior variación desde onte con tres casos máis, mentres que Cambre sobe en dous e Ames fai o propio cun máis. Ademais, Ou Barco e Oleiros contan agora con once e doce casos, segundo as contas a sete días. 


Nos descensos destaca Boiro, con cinco menos, seguido de Vilanova, con tres menos, e Ribeira, O Grove e Culleredo, con dous menos. Arteixo, en cambio, baixa pero só nun caso menos. 


ÁREAS SANITARIAS

Nas cifras por áreas sanitarias, só Ferrol, que onte detectou tres novos positivos, lanza algo de luz, cun descenso de catro casos en 24 horas. As demais ofrecen cifras realmente malas.


Se atendemos só á positividade, Pontevedra, cun 1,3%, e Santiago, cun 1,7%, son as que teñen un mellor comportamento tras detectar 16 e 32 novos positivos respectivamente. Con todo, crecen na orde de trece e 18 casos activos máis. 


No lado oposto, atopamos as positividades máis altas en Ourense, co 11,9% tras anotar 29 novos positivos e crecer en 24 casos máis (a que máis esta xornada), e en A Coruña, cunha positividade do 8% despois de computar 40 novos positivos. A herculina, con oito casos novos, crece por primeira vez desde o 16 de marzo


Vigo, a máis afectada de Galicia, segue á área auriense ao sumar 22 casos máis. É a que contou máis contagios desde onte, con 52 novos positivos, pero a súa positividade é inferior ao 5% que marca a OMS: 3,5%. Por último, a área de Lugo, que detectou 18 novos positivos, crece nunha ducia de novos casos, cunha positividade do 4,7%. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 10 de abril o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.268, dos cales 606 son da área da Coruña, 160 de Lugo, 173 de Ourense, 302 de Pontevedra, 625 da área de Vigo, 349 de Santiago e 71 de Ferrol. 


YSeWP incidencia de coronavirus a 7 d as por municipios de galicia (1)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE