Os contagios en Galicia dispáranse e provocan un cambio de tendencia con case un centenar de casos activos máis




Moi malos datos esta xornada en Galicia, que ve crecer o seu número de casos activos con 93 novos afectados á conta oficial, o que significa a maior subida na comunidade desde o pasado 1 de febreiro, e un cambio de tendencia na súa evolución. 


|

Moi malos datos esta xornada en Galicia, que ve crecer o seu número de casos activos con 93 novos afectados á conta oficial, o que significa a maior subida na comunidade desde o pasado 1 de febreiro, e un cambio de tendencia na súa evolución. 


O máis alarmante neste sentido é o número de contagios, xa que os novos positivos, que se mantiñan nunha chaira desde hai semanas, oscilando entre os 90 e os 150 novos casos diarios, hoxe chegan ata os 190 contagios detectados en 24 horas.



Coa condición do 12 de marzo, día no que se detectaron 195 novos positivos, esta é a maior cifra desde finais de febreiro, cando comezou a desescalada graduada despois dun mes de letargo na mobilidade para facer fronte á terceira onda. No que vai de semana, a cifra de casos activos creceu en cinco de seis días. Hoxe hai 119 casos máis en comparación co pasado domingo.  


Todo isto tradúcese nun aumneto de a incidencia acumulada a 14 días que queda en 63 casos por cada 100.000 habitantes, unha cifra que non é alarmante pero que significa un salto de case dous puntos con respecto a onte. A incidencia acumulada semanal pasa dos 29 aos 33 casos por cada 100.000 habitantes.



O número de PCR, doutra banda, parece estabilizarse por fin despois do bajón experimentado en Semana Santa. A media de PCR practicadas supera de novo as 5.000 diarias despois das máis de 7.000 realizadas onte. 



As cifras contribúen a que a comunidade experimente un cambio de tendencia, xa que aínda que onte ofrecía un descenso do -0,7%, hoxe crece a un ritmo do 0,4%. É a primeira vez que crece desde o 2 de febreiro. Aínda é pronto para afirmalo con rotundidade, pero polos datos desta semana, a comunidade parece encamiñarse a un rebote de casos. 




PRESIÓN HOSPITALARIA

Doutra banda, cabe destacar que estes malos datos non se traducen directamente nun aumento no número de pacientes ingresados nas unidades COVID, xa que desde onte só sobe nun caso máis. O número de afectados que recibiron o alta médica onte foi de 112, a terceira peor cifra da semana. 


De igual maneira, hai que lamentar un deceso máis na comunidade. As cifras oficiais da Xunta de Galicia reflicten 2.368 vítimas de coronavirus desde o estalido da crise sanitaria. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE