Covid por concellos: a cidade de Vigo lidera os descensos e todas as áreas frean a súa escalada salvo Santiago

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que Galicia segue perdendo casos activos a un ritmo baixo pero constante.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que Galicia segue perdendo casos activos a un ritmo baixo pero constante. 




Das cidades Vigo lidera os descensos con 17 casos menos en 24 horas. Pola contra, Pontevedra rebota con seis máis, a maior subida de hoxe. Galicia perde casos activos grazas, en gran medida, ás poucas PCR realizadas. 





Das cidades, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo atópanse no nivel laranxa con unha incidencia semanal de entre 75 e 25 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que Ourense e Ferrol contan con unha incidencia de entre 25 e 10 casos por cada 100.000 habitantes, en nivel amarelo. 


Se poñemos o foco sobre as cidades, vemos como Vigo encabeza os descensos da comunidade, cunha variación de 17 casos menos desde onte, mentres que A Coruña fai o propio cunha decena menos. Tamén baixa Santiago, cun menos. En cambio, Pontevedra sobe con seis máis, Ourense con tres máis, Lugo con dous máis e Ferrol cun máis.


A de Pontevedra é a maior subida da comunidade, seguida de preto dos saltos que deron O Grove e A Pobra do Caramiñal, xa que ambas experimentan unha variación de cinco casos máis desde onte. Doutra banda, baixan os municipios de Cambre, con catro casos menos, Gondomar, con tres menos, e Moaña, Oleiros, Mos e Sanxenxo, con dous menos. Ames e Culleredo tamén lanzan descensos, aínda que dun caso menos cada un. 


ÁREAS SANITARIAS

Pola súa banda, o conxunto da comunidade sofre un importante descenso no número de casos activos, algo que se pode ver en todas as áreas sanitarias, que ven minguar os seus algarismos. Todas salva a área de Santiago de Compostela, que crece en nove casos máis desde onte, algo ao que sen dúbida contribuíu a evolución de municipios como A Pobra e todo a área metropolitana da capital. As probas PCR realizadas detectaron 19 novos positivos cunha positividade do 5,4%.


Con todo, non foi a área que detectou máis casos: Pontevedra computou unha vintena de novos positivos, cunha positividade do 15%, a pesar de que hoxe perde oito casos activos. Vigo, que tamén anotou unha vintena de contagios, baixa en 16 casos activos en 24 horas, cunha positividade moi diferente á pontevedresa, xa que só marca o 2,6%.


En caídas, destacan A Coruña, con 33 casos menos, e Lugo, con 23 menos. A área herculina detectou 18 novos positivos polos cinco lucenses, pero mentres que a positividade na área coruñesa é do 2%, na área da cidade amurallada chega ao 4,7%. Ourense e Ferrol, pola súa banda, baixan en sete e cinco casos tras detectar só seis e dous novos contagios respectivamente. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 3 de abril o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.223, dos cales 891 son da área da Coruña, 167 de Lugo, 145 de Ourense, 206 de Pontevedra, 537 da área de Vigo, 254 de Santiago e 157 de Ferrol. 


YSeWP incidencia de coronavirus a 7 d as por municipios de galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE