O SERGAS fai moitas menos PCRs a ponte e os positivos non baixan, repetindo o erro de nadal

As últimas cifras do covid en Galicia mostran o estancamento da enfermidade. A incidencia semanal baixa e a incidencia a 14 días sobe, pero en ambos os casos son variacións ínfimas. Planicie de casos que se produce á vez que unha notable caída da cantidade de probas debido aos festivos.



|

As últimas cifras do covid en Galicia mostran o estancamento da enfermidade. A incidencia semanal baixa e a incidencia a 14 días sobe, pero en ambos os casos son variacións ínfimas. Planicie de casos que se produce á vez que unha notable caída da cantidade de probas debido aos festivos.


Algo que por unha banda é unha boa noticia, visto como unha cuarta onda empeza a notarse en moitos países de Europa e algunhas autonomías españolas. 


Claro que está, doutra banda é unha noticia preocupante porque certifica que a retirada da terceira onda en Galicia concluíu e sabemos por experiencia que o virus non tarda en gañar terreo a pouco que se aumente a mobilidade e o contacto social.


Os 92 positivos de onte contribúen a darlle un raspazo á incidencia acumulada semanal, que cae de 33,3 a 33,0. O pasado domingo era de 33,5. A caída do covid é, por tanto, marxinal en termos semanais.





Abrindo o plano a dúas semanas a incidencia acumulada sobe, pero tamén case nada, de 66,1 a 66,5.  O domingo pasado era de 66. Unha alza tamén marxinal.


A taxa de positividade si rebota visiblemente. A media semanal está en 2,4%, tras o 2,8%. Este indicador tocou fondo en torno ao 7 de marzo, cando baixou a 1,8%.


Por que crece a taxa de positividade? Un factor de os que explica este rebote son as poquísimas PCRs que completou o SERGAS esta ponte de San José.


Onte a Xunta finalizou 3.300 e antonte 3.231 PCRs. A media semanal antes da ponte de San José estaba en 6.100, case o dobre.  


FAy5S  i pcrs diarios de coronavirus en galicia i




Pódese argumentar, e con razón, de que en todo caso unha taxa de positividade do 2,4% de media semanal é un dato excelente. Á fin e ao cabo, a OMS estima que un brote pode estar en vías de control cun 5% e para o Estado calquera valor por baixo do 4% equivale ao mellor nivel posible do semáforo de alertas, a nova normalidade.


Agora ben, non hai que perder de vista que Galicia pagou carísimo o esborralle de probas no nadal. Foi un dos factores que contribuíu ao espertar da terceira onda, que puxo ao país contra as cordas. 


Está claro que o SERGAS ten bastante capacidade para facer PCRs. Chegou a completar case 13.000 ao día a principios de febreiro. Logicamente ,agora pódese permitir realizar moitas menos, dado que hai relativamente poucos infectados e por tanto menos contactos estreitos.


Agora ben, se ao facer moito menos test, a taxa de positividade empeza a escalar, como está a pasar, iso indica que quizais a redución de probas é excesiva e que cada vez máis casos asintomáticos cóanse entre as redes do sistema detención.


EVOLUCIÓN DO CAMBIO DE CASOS ACTIVOS

Os casos activos caen un 1,5% respecto onte. Son 30 menos, situándose en 2.401 casos activos. A tendencia semanal tamén é á baixa, pero a unha velocidade progresivamente menor. A media móbil semanal achégase ao cero, agora está -1,1%. 




Cando chegue ao cero significará que, desde o punto de vista semanal, o SERGAS empeza a ter que lidar con máis e máis enfermos. De seguir este ritmo, Galicia chegará a ese punto de inflexión -cando se poderá falar de rebote- antes de que acabe o mes.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesas podemos inferir que:

  • A pandemia está case estática en Galicia. As variacións á alza e á baixa desde hai varias semanas existen pero son mínimas.
  • Do que non hai dúbida é que a melloría tras a terceira onda concluíu. Un factor que explica o cambio de tendencia é o alivio das restricións. A máis mobilidade, máis contagios.
  • Con todo, hai que mirar as cousas con perspectiva. Os niveis de virus seguen sendo os mellores desde mediados de agosto. Probablemente desde antes mesmo, dado que agora fanse máis probas. Claro que uns 
  • A relaxación da cantidade de test na ponte de San José é unha dato preocupante. Ao parecer, as festividades non só aumentan a relajacio´n entre os cidadáns, tambiénen o SERGAS. 
  • A excesiva caída de PCRs é algo que se pode e debe corrixir pronto. Hai que lembrar que o parón de probas do Nadal contribuíu a transmitir á opinión pública uns niveis de contagios irreais nos primeiros días do ano, relaxación que axudou á explosión de contagios pouco despois.


 

ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Vigo é o distrito sanitario  máis prexudicado polas cifras de hoxe. Non só é o que máis novos diagnósticos suma, tamén é o único onde os casos activos rebotan.



As boas noticias é que só en Vigo e A Coruña quedan máis de cinco enfermos críticos nas UCIs. Máis información a nivel de área sanitaria e de concellos nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE