Os positivos semanais rebotan e a este ritmo os casos activos de covid empezarán a subir este mes
As medias semanais onte baixaron un pouco pero hoxe soben, tamén un pouco. En definitiva, os últimos datos do covid-19 no país confirman que a retirada da terceira onda está a tocar fondo, ou terminou xa, polo menos desde un punto de vista semanal.
Así, os 98 novos positivos contribúen a que a incidencia acumulada semanal suba de 32,9 a 33,5 diagnósticos por cada 100.000 galegos. Cada vez está máis lonxe a posibilidade de baixar de 25, o que permitiría a Galicia saír do risco medio actual e alcanzar o risco baixo.
Sobre todo, porque este indicador, o principal, entrou nunha planicie na que leva xa oito días. O luns pasado esta en 35,2 e hoxe en 33,5; a penas hai diferenza.
Abrindo o plano a 14 días aínda se nota certo descenso, pero tamén moi leve e cada vez máis tenue. De feito o descenso da incidencia acumulada a dúas semanas hoxe é ínfimo, de 67,1 a 67. Tamén se afasta o obxectivo dos 50, arrefriándose as opcións de chegar a risco baixo neste indicador.
A taxa de positividade semanal non só está nunha planicie, senón que esa planicie empeza a transformarse nun ascenso. Tímido, pero ascenso.
O luns pasado estabamos en 1,9% de PCRs positivas e agora chegamos a 2,1%. O preocupante non é esta cifra, que segue sendo moi boa, propia do nivel de "nova normalidade" no sémaforo de alertas estatal. O preocupante é o evidente cambio de tendencia a partir de principios de abril, cando empezaron as primeiras medidas serias de alivio das restricións.
EVOLUCIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS
A derivada da curva de infectados é unha serie que reflicte moi ben os cambios de tendencia. A súa media semanal está en -3,8%, que é o peor valor desde principios de febreiro. A porcentaxe de onte foi do -2,4, que é a peor cifra desde o 2 de febreiro.
Ademais, se o empeoramento da media semanal antes era moi paulatino, colleu impulso a última semana. Así as cousas, todas estas cifras tradúcense en que Galicia segue perdendo infectados pero que o ritmo dese descenso está a baixar a unha velocidade considerable. Onte o total só reduciuse en 67, quedándose en 2.682 casos activos.De manterse este ritmo, dentro de dúas semanas, como moito, o país volverá gañar casos activos.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas cifras sobre a mesa podemos concluír que:
- A pandemia deixou de baixar en Galicia desde un punto de vista semanal. Desde un plano a 14 días, aínda baixa, pero ese descenso é cada vez máis leve.
- De manterse esta traxectoria, a finais de Marzo o SERGAS volverá sufrir un repunte nos casos activos a xestionar.
- Parece algo inebitable, porque a máis mobilidade e menos restricións, máis contagios. Este é un dos factores que inflúen nas arremetida as ondas do covid que unha e outra vez a experiencia corroborou. Agora sucedeu exactamente isto, a Xunta rebaixou as restricións e, dúas semanas despois, a melloría se esfumó.
- A situación non é grave nin o será a curto prazo. Con todo, hai que ter en conta que agora a cepa británica é a dominante e que esta variante é máis contaxiosa e, polo menos en Galicia, demostrou ser máis mortal. Así que calquera repunte pode ser máis explosivo e tamén máis letal, en proporción á cantidade de infectados.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Quizá o dato máis preocupante dos de hoxe é que os casos activos soben no distrito en peor situación, A Coruña. Pouco, de 1.050 a 1.053, pero soben; algo que non pasaba desde o 1 de febreiro, no pico da terceira onda, o que alimenta o temor de que entremos nun punto de inflexión e agora toque outra fase expansiva do covid.
De producirse, isto collerá á Coruña aínda con 27 enfermos críticos, que son máis dos que había ao comezo da terceira onda. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario