Covid nas escolas: repuntan os casos activos polo brote en Ferrol con preto dunha trintena de afectados

Sobresaen os 29 positivos no CPR Tirso de Molina de Ferrol, onde se realizou un cribado

|

O CPR Tirso de Molina de Ferrol, onde se realizou un cribado, conta con 29 casos activos e é o foco da comunidade. 


É o primeiro repunte na comunidade educativa desde o 2 de febreiro, momento no que comezou a desescalada. 



Os casos activos de covid-19 en centros educativos de Galicia --infantil e ensino non universitario-- repuntan ata 484, seis máis que a anterior xornada, segundo datos deste sábado da Xunta.


Deste xeito, este incremento rompe coa tendencia á baixa das últimas semanas. Pola súa banda, as aulas clausuradas mantéñense en 23.

Igualmente, a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago, segue como único centro pechado debido a un positivo no mesmo.

Por áreas sanitarias, a de A Coruña concentra o maior número de casos activos en centros na Comunidade galega, con 192, o que supón cinco menos, e tres aulas pechadas (catro menos). O CPI Castro Baxoi, de Miño, está á cabeza con nove positivos; seguido polo CPR Plurilingüe Liceo A Paz e o CEIP Raquel Camacho, ambos con oito cada un na cidade herculina.

O maior incremento prodúcese na área de Ferrol, que alcanza os 62 casos (17 máis). Sobresaen os 29 positivos no CPR Tirso de Molina de Ferrol, maior cifra de Galicia, uns casos asintomáticos que se detectaron despois do cribado realizado entre alumnos e profesores.


RESTO DE ÁREAS

A área sanitaria de Vigo conta con 79 contagios (dúas máis) e segue con seis aulas pechadas. O CPR Plurilingüe Divino Salvador, na cidade olívica, é o de maior número de positivos, con seis.

En Pontevedra son 62 casos activos, o que supón seis menos que o venres. As aulas clausuradas son cinco, unha máis. O IES Illa de Tambo, en Marín, conta con seis positivos.

Os casos na área de Santiago baixan a 39 (tres menos). Ningún colexio supera os tres positivos e non hai aulas clausuradas.

As áreas con menor incidencias son as de Lugo e Ourense. No caso lucense hai 29 positivos (un menos) e unha aula pechada; mentres o CPI Doctro López Suárez, no Saviñao, conta co maior número de casos (catro).

En Ourense mantéñense os 21 positivos e as tres aulas inoperativas. O centro máis afectado é o IES Castro de Baronce, en Verín, con cinco positivos.

Esta é a lista de centros con casos activos de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS:







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE