Ningunha reacción grave en Galicia ao lote de vacinas de AstraZeneca baixo sospeita, di a Xunta
A Organización Mundial da Saúde, OMS, únese ás voces que tentan acougar á opinión pública tras as dúbidas suscitadas sobre este produto
Ata o de agora, Bulgaria, Noruega, Dinamarca, Tailandia e Islandia suspenderon a administración de todas as doses desta marca. Austria, italia, Luxemburgo, Estonia, Lituania e Letonia só dalgúns lotes.
En Galicia, o conselleiro estima que as dósis deste sábado non son as do lote en cuestión e continúa as macrovacunacions.
A Consellería de Sanidade confirmou este venres que Galicia non rexistrou ningunha reacción grave tras a administración do lote de vacinas ABV5300 de AstaZeneca, que algúns países europeos han vinculado a algúns casos de tromboses.
O lote, explicou Sanidade nun comunicado, chegou a Galicia o pasado día 12 de febreiro "e administrouse seguindo o Plan Galego de Vacinación".
Este plan, lembran, incorpora "dous sistemas de seguimento", a trazabilidade que identifica o lote da vacina e a persoa á que se lle administra e o programa de farmacovixilancia establecido para este tipo de vacinas, a través do cal se comunican, rexistran e estudan as posibles reaccións adversas, das que se fai seguimento. En relación a este lote, non hai efectos adversos graves comunicados.
Sanidade lembrou que tanto a Axencia Europea do Medicamento como a Axencia Española avalan seguir administrando a vacina de AstraZeneca, dado que non existen evidencias, a día de hoxe, sobre a causalidade entre a reacción adversa e a administración da vacina. Por iso, Galicia seguirá o seu plan de vacinación como ata o de agora.
Escribe o teu comentario