Covid municipios: Vigo sairá mañá de risco extremo, salvo sorpresa, e Guitiriz é o punto negro da melloría xeral

As únicas cidades que aínda non teñen nigún municipio colidante en risco extremo son A Coruña e Ferrol, que a pesar do seu notable mellora hoxe mantéñense por encima dos 500 de incidencia acumulada.Todas as cidades de Galicia seguen aínda en risco extremo, en vermello no mapa.


|

melloría en Galicia nótase cada vez máis na periferia das cidades galegas. Xa non están en nivel máximo de alerta A Baña, Teo, Touro e Ames na periferia de Santiago; Nigrán e Gondomar na periferia de Vigo; Campo Lameiro na de Pontevedra; Friol na de Lugo e Pereiro de Aguiar e Cenlle na de Ourense.


As únicas cidades que aínda non teñen ningún municipio colidante en risco extremo son A Coruña e Ferrol, que a pesar do seu notable mellora hoxe mantéñense por encima dos 500 de incidencia acumulada.


Todas as cidades de Galicia seguen aínda en risco extremo, en vermello no mapa. Iso significa que suman máis de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. 






Con todo, Lugo e Vigo están preto de abandonar o máximo nivel de alarma do semáforo estatal. De feito, Vigo, a pouco que mellore mañá será a primeira cidade que baixe a risco alto mañá.





QUE PASA EN GUITIRIZ?

Na melloría de Galicia hai un claro punto negro, Guitiriz. Hoxe volve liderar a lista de concellos cuxo cómputo de positivos a 14 días máis sobe hoxe respecto onte:



  • Neda +3
  • Sober +3
  • Marin +3
  • Camariñas +4
  • Ponche-caldelas +4
  • Guitiriz +13



O problema non é que o lidere hoxe, o problema é que leva moitas xornadas liderándoo. Algo inusual nun municipio pequeno nunha país onde o virus está a retroceder e máis, precisamente, no rural. O ritmo de novos positivos, ademais, non está a se relaxar:





Gran parte deses positivos proveñen do CEIP Langostelle de Guitiriz, que suma 28 positivos. En todo o municipio hai 101 positivos en 14 días. É dicir, o 27% dos 101 contaxiados en Guitiriz estuda ou traballa no CEIP Langostelle. A pesar da evidencia das cifras, a Xunta non informou de ningún brote de orixe escolar. 


A lista de concellos cuxa suma de positivos en 14 días hoxe máis cae respecto a esa mesma suma onte é:



  • Coruña (A) -120
  • Vigo -74
  • Ourense -57
  • Arteixo -44
  • Pontevedra -36
  • Redondela -26
  • Santiago de Compostela -24
  • Culleredo -23
  • Sada -17
  • Lugo -17
  • Porriño (Ou) -15
  • Ferrol -14
  • Vilalba -14
  • Poio -14




Vigo leva xa tres días baixando o seu cómputo máis de 70 positivos en cada xornada. A melloría na cidade olívica nunca foi tan rápida:




A Coruña segue presentando as peores cifras entre todas as cidades galegas. Con todo, dobrou a súa curva de incidencia acumulada en torno ao 30 de xaneiro e non hai indicios de rebote, aínda que a súa baixada é menos pronunciada que a de Vigo:





A evolución dos positivos en todos os municipios de Galicia pódese consultar na táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


Baixan os activos en todas as áreas, especialmente nas das dúas grandes cidades de Galicia que, á súa vez, son as que máis pacientes covid presentan.




O distrito sanitario da Coruña contabiliza este domingo un total de 4.146 casos activos (-259) e Vigo, 2.140 (-206). Tras elas atópase Santiago con 1.812 (-145), seguida por Pontevedra, con 1.787 (-135).

Ourense e Ferrol notifican este domingo o mesmo número de casos activos, 1.312, aínda que presentan diferentes oscilacións cun descenso de 123 na área ourensá e de 88 na ferrolá. Por último, Lugo mantense como a menos afectada con 1.236 (-146). 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


En canto ao volume de contagios detectados por distrito (a través de calquera tipo de proba diagnóstica), ningún dos sete pasou o limiar da centena, ao que se achegou A Coruña con 98. O resto mantiveron a tendencia á baixa dos últimos días: Vigo (86), Pontevedra (61), Lugo (49), Santiago (48), Ferrol (50) e Ourense (31). 


HOSPITALIZADOS E UCIs

Con todo, o descenso nos contagios aínda non se deixa notar nas unidades de críticos dos hospitais galegos, que continúan en máximos da pandemia. De feito, tras rexistrarse unha baixada de 10 pacientes nas cifras do sábado, 24 horas despois volve experimentarse unha subida ata os 222, catro máis que o sábado.

Nas unidades de hospitalización convencionais si se produce un descenso, aínda que só de catro ingresados menos respecto ao día anterior, o que deixa o global en 997, primeira vez que se baixa do milleiro nas últimas semanas.

A Coruña-Cee segue como o distrito sanitario máis afectado e, de feito, é o único, xunto con Santiago, que empeora as súas cifras de hospitalizados respecto ao sábado. Sanidade informa de 276 (+6) pacientes ingresados na área coruñesa, 76 deles na UCI (+3).

En Vigo o total de hospitalizados baixa este domingo a 140 (-1), dos cales 25 necesitan coidados intensivos (sen cambios). A continuación atópase a área de Santiago-Barbanza, que atende a 137 pacientes covid nos seus centros (+1), 35 en UCI (-1).

En Ferrol baixa o cómputo total a 134 (-2), 26 en críticos (+2); mentres que en Ourense hai este domingo 121 pacientes covid ingresados (-4), dos cales, 13 están en críticos (sen cambios). En Pontevedra tamén diminúe ata os 101 (-3), 21 na UCI (+1); así como na área de Lugo, que notifica 88 ingresados (-1), 22 deles en coidados intensivos (-2). 

KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (10)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE