Covid por concellos: Lugo é a única cidade que repunta nunha xornada de melloría nas "localidades dormitorio"

Co municipio lucense, destacan as baixadas en Arteixo (-38), Ames (-18), Narón (-19), Poio (-13) ou Ponteareas (-19), municipios que se atopan na área de influencia das grandes cidades e que hoxe acompañan ás súas veciñas na desescalada. A elas, súmanse hoxe municipios que poderiamos catalogar como "medianos", como son o caso de Padrón, con 18 casos menos,  Sanxenxo, con 20 menos, Vilagarcía, con 16 menos, ou Monforte, con trece menos.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. Todas as áreas volven perder casos activos nun día no que apenas hai saltos. 




Neste contexto, as cidades son as que centralizan os descensos, aínda que as súas localidades contiguas (véxase Ames, Arteixo, Ponteareas...) ou municipios medianos como Padrón ou Sanxenxo, rexistran hoxe descensos importantes. 





A maioría de municipios, así como as sete cidades, atópanse no nivel de alerta extrema, o que significa rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Apenas unha vintena de municipios contan cun nivel de alerta inferior aos 25 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que é unha cifra que foi en aumento nos últimos días. 




Nas cidades Lugo é a única que hoxe ve crecer as súas cifras, con seis casos máis. É un aumento leve e nin sequera é o maior da xornada. O resto de cidades seguen minguando os seus algarismos. Neste sentido, Vigo, cunha variación de 87 casos, e A Coruña, con 69 menos, protagonizan os maiores descensos. Pontevedra, con 40, e Santiago de Compostela, con 37, tamén rebaixan as súas cifras de forma considerable. Máis discretos son os descensos en Ferrol e Ourense, con 21 e 18 casos menoes respectivamente.




Concello a concello, chama a atención Sarria, cunha variación de 30 casos desde onte, o que fai indicar que segue avanzando na súa recuperación despois de que sufrise un importante brote que contaxiou á maioría de usuarios da residencia municipal. Co municipio lucense, destacan as baixadas en Arteixo (-38), Ames (-18), Narón (-19), Poio (-13) ou Ponteareas (-19), municipios que se atopan na área de influencia das grandes cidades e que hoxe acompañan ás súas veciñas na desescalada. 


A elas, súmanse hoxe municipios que poderiamos catalogar como "medianos", como son o caso de Padrón, con 18 casos menos,  Sanxenxo, con 20 menos, Vilagarcía, con 16 menos, ou Monforte, con trece menos. Soutomaior, aínda que apenas supera os 7.000 habitantes, decrece hoxe nunha vintena de casos. Doutra banda, hoxe apenas hai saltos reseñables máis aló dos catorce casos que hoxe suma Guitiriz. O Corgo, con seis máis, e Sober, con cinco máis, son os municipios que pechan as subidas máis destacadas. 


ÁREAS SANITARIAS

Por áreas, hoxe todas lanzan uns valores moi prometedores e algunha mesmo acelera na súa melloría. Vigo dobra o descenso que ofreceu onte, pasando dos 132 casos activos menos aos 280 menos de hoxe. A positividade na área olívica, ademais, é inferior ao 5% que marca a OMS: un 4,1% despois de anotar só 59 novos positivos. 


O mesmo ocorre nas áreas de A Coruña e Santiago de Compostela: a área herculina pasa de perder 83 casos activos aos 185 menos desta xornada; a compostelá, tras perder 171 casos activos hai 48 horas, perde 231 24 horas despois. Con todo, no que se refire a contagios e porcentaxe de positividade a realidade é ben distinta nas dúas áreas. A Coruña marca unha positividade do 12%, a segunda máis alta, tras computar 134 novos positivos, mentres que Santiago, que apenas rexistrou 42 casos novos, deixa a positividade no 3,1%.



Os desdensos en Pontevedra e Ourense son sostidos con respecto ao que viñan lanzando. A área da cidade do Lérez, cunha positividade do 12,1% tras detectar 54 novos positivos, perde 105 casos activos, polos 134 que deixa atrás a área da cidade termal, que ten unha positividade do 8,4% despois de descubrir 36 novos positivos.


Lugo e Ferrol son os que menos baixan hoxe, como vén sendo habitual: 55 e 57 casos menos, respectivamente. A área lucense engadiu ás súas cifras de novos positivos 65 novos casos polos 40 da ferrolá, aínda que a positividade invístese neste caso, sendo moi superior na área departamental: 7,5% fronte á 4% da área da cidade amurallada. 



Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 13 de febreiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.847, dos cales 4.405 son da área da Coruña, 1.382 de Lugo, 1.435 de Ourense, 1.922 de Pontevedra, 2.346 da área de Vigo, 1.957 de Santiago e 1.400 de Ferrol. 


KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE