A Armada di que castigará aos militares pillados de botellón, de uniforme e fóra da Escola de Marín

A Escola Naval Militar adoptou as "correspondentes medidas disciplinarias" contra un grupo de alumnos sorprendidos esta fin de semana pola Policía Local de Marín en dous botellóns, polo que incumpriron as medidas establecidas con motivo da pandemia da Covid-19.

|

As Forzas Armadas non detallan cal será a pena que aplicará sobre os aspirantes a oficiais


A Policía Local de Marín sorprendeunos un día de festa nun chalé abandonado e ao día seguinte nun botellón


O rei Felipe VI preside a entrega dos Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín

Imaxe de arquivo dun desfile na Escola Naval de Maríb /EP



A Escola Naval Militar adoptou as "correspondentes medidas disciplinarias" contra un grupo de alumnos sorprendidos esta fin de semana pola Policía Local de Marín en dous botellóns, polo que incumpriron as medidas establecidas con motivo da pandemia da Covid-19.


Así o informou a Armada, en relación cos feitos que tiveron lugar esta fin de semana pasada cando un grupo de 16 alumnos da Escola Naval Militar, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, foi identificado polos axentes municipais cando participaba en dúas festas ilegais.

Concretamente una delas tivo lugar nun chalé abandonado e ao día seguinte volveuse a identificar a estes mesmos individuos nun botellón. Algúns deles ían vestidos co uniforme militar.


A ARMADO NON EXPLICA Os CASTIGOS
Nun comunicado remitido este martes pola Oficina de Relacións coa Prensa da Armada en Marín, sinálase que estes alumnos estaban "fóra do recinto militar incumprindo a normativa establecida pola Xunta de Galicia e o protocolo propio para este Centro Docente Militar".

A Policía Local informou á Escola Naval dos feitos cos nomes dos alumnos involucrados. Agora o Centro Docente "seguindo a política de tolerancia cero ante estes comportamentos", asegura a Armada, que "se adoptaron as correspondentes medidas disciplinarias por incumprimento do protocolo establecido para as saídas", pero non detalla en que consistirán.

Segundo sinalaron as mesmas fontes, o protocolo que regula a saída da Escola Naval Militar dos alumnos "esixe o cumprimento de todas as restricións de mobilidade establecidas polas autoridades competentes".

Estas mesmas fontes oficiais engaden que "neste marco temporal" permítese a saída do recinto militar "unicamente a aqueles alumnos que, de acordo cos criterios sanitarios, e superados os test correspondentes, non entrañan risco de contaxio".
PREOCUPANTE ANTECEDENTE
O pasado mes de xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, detectouse un brote de coronavirus na Escola Naval de Marín cuns 60 contaxiados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE