Covid por concellos: Lugo é a única cidade que sobe noutra xornada de descenso en todas as áreas
Con todo, cabe destacar que contan cunha positividade do 6,7% e o 5,8%, moito mellor que a que ofrecía o pasado sábado. Santiago de Compostela e Ourense son as que teñen unha mellor porcentaxe de positividade nos test, co 4,5% e o 4,2% respectivamente.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia comeza encara xa a curva da terceira onda. Todas as áreas volven perder casos activos nun día no que apenas hai saltos.
Neste contexto, as cidades son as que centralizan os descensos. Así, A Coruña, Ourense e Vigo, as máis afectadas, son as que lanzan os maiores descensos. Lugo, que foi a última en comezar a escalar no seu número de casos, aínda segue sumando.
A maioría de municipios, así como as sete cidades, atópanse no nivel de alerta, extrema, o que significa rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Apenas 16 municipios contan cun nivel de alerta inferior aos 25 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que é unha cifra que foi en aumento nos últimos días.
Nas cidades Lugo é a única que hoxe ve crecer as súas cifras, con tres casos máis. É un aumento leve e nin sequera é dos maiores da xornada. O resto de cidades comezaron xa a reducir os seus algarismos. Neste sentido, A Coruña, cunha variación de 130 casos, e Ourense, con 77 menos desde onte, e Vigo, con 51, son as que máis baixan. Máis moderadas, aínda que importantes, son as baixadas en Santiago de Compostela, con 28 menos, e Ferrol, con 21 menos. Pontevedra, en cambio, só perde cinco casos.
Concello a concello, Sarria, cunha variación de 53 casos desde onte, é a localidade que máis cambia en 24 horas. O municipios lucense sufriu en brote na residencia municipal que parece estar totalmente controlado. O mesmo ocorre hoxe con Tui, con catorce casos menos.
Logo, podemos apreciar variacións importantes nos municipios veciños das grandes cidades. Así, Arteixo, con 34 menos, Culleredo, con 21 menos, Cambre, con outros 21, ou Narón, con 18 menos, manteñen a súa melloría. Destacar tamén a Xinzo (-15) e Verín (-11) na área de Ourense e a Monforte de Lemos (-19) en Lugo.
Doutra banda, Cabanas de Bergantiños, Caldas de Reis e Cangas do Morrazo son as que ofrecen as maiores subidas hoxe cunha variación de dez, nove e oito casos respectivamente.
ÁREAS SANITARIAS
Por áreas, hoxe todas lanzan unhas cifras moi boas no que se refire ao número de casos activos, non así no que corresponde ao capítulo de novos contagios. A Coruña e Vigo suman 218 e 141 novos positivos, respectivamente, a pesar de que lideran os descensos ao perder 171 e 178 casos activos en só 24 horas. Con todo, cabe destacar que contan cunha positividade do 6,7% e o 5,8%, moito mellor que a que ofrecía o pasado sábado.
Santiago de Compostela e Ourense son as que teñen unha mellor porcentaxe de positividade nos test, co 4,5% e o 4,2% respectivamente. Atópanse hoxe por baixo do 5% que marca a OMS. En canto aos novos positivos, a área compostelá detectou 116 nas últimas horas, por 61 na auriense. A pesar de todo, as dúas ofrecen hoxe grandes descensos: a da capital rebaixa as súas cifras en 156 casos menos; a termal en 169.
Ferrol é a outra cara da moeda no que a positividade refírese. Co 13,8% é a que lidera este apartado hoxe. Desde onte son 88 os novos positivos anotados, aínda que o descenso nas cifras é de 45 casos menos. Lugo perdeu 66 casos activos despois de computar 81 contagios e unha positividade do 6,4%, mentres que Pontevedra, que detectou 103 novos positivos cunha positividade nas súas probas do 8,2%, perdeu só catorce casos activos en 24 horas.
Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 6 de febreiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.887, dos cales 5.542 son da área da Coruña, 1.957 de Lugo, 2.409 de Ourense, 2.562 de Pontevedra, 3.469 da área de Vigo, 3.183 de Santiago e 1.765 de Ferrol.
Escribe o teu comentario