Coronavirus por concellos: Pontevedra lidera as subidas, Santiago os descensos e Sarria dispárase

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS comeza a debuxar un escenario onde o avance da enfermidade parece retardarse, aínda que o número de novos positivos segue sendo alarmante.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS comeza a debuxar un escenario onde o avance da enfermidade parece retardarse, aínda que o número de novos positivos segue sendo alarmante.


Neste contexto, as cidades comezan a ofrecer contrastes. Santiago de Compostela ou Ourense, das primeiras en empeorar, agora comezan a perder casos activos de forma paulatina, mentres que Pontevedra, das últimas en pegar o bajón, hoxe sofre un aumento importante. 




A maioría de municipios, así como as sete cidades, atópanse no nivel de alerta, extrema, o que significa rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Apenas unha ducia de municipios contan cun nivel de alerta inferior aos 25 casos por cada 100.000 habitantes. 


Nas cidades a situación comeza a mellorar de forma lenta pero progresiva. En Santiago de Compostela hoxe son catorce casos menos con respecto a onte, mentres que en Ourense son dous menos. A Coruña, con 16 máis, segue lanzando valores moi malos, aínda que lonxe dos 30 que suma hoxe Pontevedra, que leva días experimentando un aumento de casos sen precendentes. Vigo, con nove máis, Ferrol con catro e Lugo, con seis, tamén ven crecer hoxe os seus algarismos. 


Mención especial merece o concello lucense de Sarria, que hoxe sofre unha variación de 33 casos máis, a maior subida da xornada. Isto débese, case con toda seguridade, ao que está a ocorrer na residencia pública Nosa Señora do Carme, onde hai unha semana rexistrouse un brote de coronavirus con medio centenar de afectados. Os últimos datos indican que nun residencia con preto de 90 prazas, apenas media decena de usuarios non están contaxiados. A isto hai que sumar a falta de persoal e de medios, que agrava indubidablemente o panorama no centro. Ademais, no municipio comezou onte un cribado que analizará a en torno dun milleiro e medio de persoas, o que puido destapar novos casos na localidade. 


Concello a concellos, o repunte máis significativo, despois do de Sarria, atopámolo en Sanxenxo, que suma hoxe 21 casos máis. A tamén pontevedresa Soutomaior suma hoxe 18 máis, mentres que Cangas fai o propio con trece. En Lugo, ademais de Sarria, Burela e Monforte escalan nas súas cifras con doce e once casos. No norte da Coruña Culleredo e Oleiros, ambas as con catorce casos máis, protagonizan as maiores subidas.


Pola súa banda, hoxe son varios os municipios que descenden en máis dunha decena de casos Fene, con trece menos, lidera este capitulo, seguida de Arteixo e Ortigueira, que cunha ducia menos de casos comienzana ver aliviada a súa situación. Tamén collen aire Mañón, con once casos menos, ou Vimianzo e Viveiro, que ven minguar os seus digitos con case unha decena de casos menos desde onte. 


ÁREAS SANITARIAS

Por áreas, A Coruña e Vigo segue con cifras escandalosas no que se refire a novos casos positivos: os test PCR detectaron 251 novos casos na primeira e 236 na segunda, o que as leva a crecer en 72 e 47 novos casos activos, respectivamente. Con todo, a porcentaxe de positividade invístese, xa que a herculina ten un 8,8% mentres que a olívica lanza un 10,4%. 


Como a coruñesa, a área de Santiago suma hoxe 72 novos casos activos. Faio despois de anotar 209 novos positivos, cunha positividade nos test do 6,2%. Con todo, estes datos, aínda que son malos, quedan hoxe ensombrecidos polo ocorrido nas áreas de Pontevedra e Lugo, que son as que máis crecen hoxe con 119 e 112 novos casos activos, respectivamente. As dúas áreas teñen cifras moi semellantes este sábado, xa que mentres a pontevedresa computou 172 novos positivos, a lucense rexistrou 169. A positividade tamén vai da man, aínda que neste apartado lidera a cidade amurallada, co 13%, pola 10,5% da área da cidade do Lérez.


Mentres, Ourense e Ferrol perden hoxe casos activos. Con todo, fano a distinto ritmo, xa que a área auriense deixa atrás 26 casos e a ferrolá apenas nove. Ademais, aínda que a positividade na área da cidade termal é do 6,1% -a máis baixa de Galicia- tras anotar 96 novos positivos, na área departamental dispárase ata o 15,9% -a máis alta da comunidade- despois de que as súas preubas destapasen 126 novos casos. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 30 de xaneiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.511 , dos cales 5.984 son da área da Coruña, 2.121 de Lugo, 2.963 de Ourense, 2.365 de Pontevedra, 3.846 da área de Vigo, 3.445 de Santiago e 1.787 de Ferrol. 


KV7EO coronavirus por concellos de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE