A nova lei de museos de Galicia avanza co apoio do PP e unha decena de emendas do PSdeG

O ditame do proxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia quedou aprobado na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego, pendente da súa aprobación definitiva na sesión plenaria.

|


O ditame do proxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia quedou aprobado na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego, pendente da súa aprobación definitiva na sesión plenaria.


Escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego



Fíxoo coa incorporación dalgunhas emendas da oposición e co único apoio do PP. Tanto BNG como o PSdeG-PSOE cuestionaron o seu contido ao entender que é "insuficiente", apuntou a deputada socialista Noa Díaz, e que "carece de concreción", expuxo, á súa vez, a parlamentaria do BNG Mercedes Queixas.

No seu defensa o deputado popular José Luis Hierro expuxo que se trata dunha norma "nova" no ámbito autonómico "e pioneira no campo do respecto pola pluralidade, o acceso á cultura, a integración da perspectiva de xénero e o emprego das TIC".

Pola contra, para os socialistas a lei "carece de contido e de clara vontade de regular normativamente os centros museísticos", apuntou Noa Díaz na súa intervención nunha sesión na que se incorporaron 10 das 59 emendas socialistas.


"Non están a aproveitar para investir en recursos materiais e humanos", argumentou a deputada Mercedes Queixas, do BNG, formación que tamén presentou emendas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE