Covid por municipios: Boiro, Ferrol, Narón, Vilalba e O Barco empeoran; Gondomar o que máis mellora

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS mostra que as comarcas de Ferrolterra, Val Miñor e A Costa da Morte son as que teñen maior incidencia acumulada. Pola contra, a gran maioría dos municipios de Ourense xa están en menos de 25 contagios por 100.000 habitantes en dúas semanas, nivel de "nova normalidade" segundo o semáforo estatal.

|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS mostra que as comarcas de Ferrolterra, Val Miñor e A Costa da Morte son as que teñen maior incidencia acumulada. Pola contra, a gran maioría dos municipios de Ourense xa están en menos de 25 contagios por 100.000 habitantes en dúas semanas, nivel de "nova normalidade" segundo o semáforo estatal.


GRAN MELLORÍA EN GONDOMAR

Comparando a cifra de positivos a 14 días de hoxe coa mesma cifra de onte podemos ver como evoluciona a pandemia en cada municipio.


A nivel municipal, os municipios que máis soben hoxe son, por esta orde, Boiro (+19), Ferrol (+12), Narón (+8), Vilalba (+8) e O Barco (+8). O que máis baixa é Vigo (-66). Con todo, en proporción ao seu tamaño, o que ten un mellor balance hoxe é Gondomar (-60), posiblemente porque superasen o virus gran parte dos anciáns ingresados na súa residencia.





BOIRO QUINTUPLICA A INCIDENCIA DE GALICIA

En Boiro o SERGAS está a realizar un cribado. A Xunta di que atopou 30 positivos grazas a el. Na última xornada os positivos en 14 días pasaron de 135 onte a 154 hoxe. É dicir, 19 positivos máis nun só día.  


No últimos tres días o cómputo de positivos en dúas semanas aumentou en 53, máis dun 50%. Iso disparou a incidencia acumulada de Boiro a máis de 800 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É case cinco veces máis que a galega.


UNHA DUCIA DE CASOS FERROL 

O repunte de Ferrol non se tería que explicar necesariamente polo brote no poboado de chabolas da Freixeira, o barrio marxinal está no veciño Narón. Con todo, Ferrol crece máis que Narón, 12 positivos máis fronte a oito. 


Hai que lembrar que o SERGAS localiza os positivos en función non do lugar onde vive a persoa, senón en función dos datos que figuran na súa tarxeta sanitaria. A Xunta acaba de confirmar que o brote de coronavirus localizado en varias familias dun asentamento chabolista situado en Freixeiro, en Narón (A Coruña), xerou outros contagios que se trasladaron a barrios de Ferrol, concretamente aos de Recimil e Telleiras, en Caranza.

 

Sexa como for, é que Narón retorna a nivel de risco extremo, con máis de 250 positivos por cada 100.000 habitantes. A práctica totalidade da comarca de Ferrolterra está en risco extremo ou risco alto.


CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

A nivel de área sanitaria,  Ourense queda plana en 377 infectados, Santiago e Ferrol soben e o resto prosegue o seu descenso.


A subida máis preocupante é a da área de Ferrol, con 44 enfermos máis nun só día.  A de Santiago é pequena (+2) e pódese explicar polo brote de Boiro, aínda que o concello de capital de Galicia  tamén suma 5 positivos máis que onte.


OURENSE SEGUE POR BO RUMBO

A outra gran cidade onde se eliminou o perímetro, Ourense, queda igual que onte, con 103 positivos en 14 días. A provincia ouresana, que coincide coa área sanitaria, é a que está en mellor situación. Se a mediados de outubro era a que tiña máis enfermos, hoxe é a que menos, con só 377.





A de Vigo é a área que máis enfermos de covid ten, un total de 1.499 --20 menos que onte-. Ademais, A Coruña ten 1.193 --51 menos--; Pontevedra, 871 --28 menos--; Lugo, 606 --18 menos--; e Santiago, 785 --dous máis. 


RESTRICIÓNS

A diferenza doutros martes, non está previsto que hoxe haxa reunión do comité clínico do SERGAS, posiblemente polo punte. Por tanto, o mapa de niveis de limitacións mantense igual. Lembrar que os únicos muncipios sen confinamento perimetral son aqueles en o "Nivel de Restrición Básico", pintados de verde no mapa:





InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE