Primeiro concello galego con menos restricións, O Carballiño, pero endurécense na Laracha e Vilalba

O municipio ourensán posto como 'modelo' dos niveis de restricións inaugura o proceso de desescalada

|

Máis de un mes leva O Carballiño soportando as restricións máis duras impostas pola Xunta, confinamento perimetral e peche de hostalería incluído. As limitacións deron froito e Sanidade as rebaixa. 


Un bo presaxio para os outros 60 municipios galegos que levan con restricións idénticas ás carballinesas desde principios deste mes. Hai que lembrar que o presidente prometeu revisar as medidas na primeira semana de decembro. O repunte de positivos dos últimos días pode provocar que o exemplo do Carballiño tarde en concretarse noutras áreas.


O municipio do Carballiño (Ourense) será o primeiro concello galego no que se suavizan as restricións, que se endurecerán a partir da medianoite deste sábado na localidade coruñesa da Laracha e en Vilalba (Lugo), que pasan a formar parte dos municipios co grao máximo de medidas restritivas para combater o avance da pandemia.


Un home pasa á beira de varios axentes durante un control de mobilidade nunha vía do Carballiño

Control de mobilidade no Carballiño


Así o acordou o subcomité clínico de expertos na súa reunión deste venres, na que decidiron que O Carballiño rebaixe o nivel de restricións e pase ao segundo escalafón, co que se permitirá a entrada e saída do termo municipal e a reapertura, con limitacións, dos negocios de hostalería.

Por contra, A Laracha e Vilalba sumaranse nas próximas horas ao resto de 67 municipios galegos en nivel 1 de restricións. O municipio coruñés incorporarase ao peche perimetral que impera na comarca de Bergantiños desde a pasada fin de semana e que afecta os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpicade Bergantiños e Ponteceso.

De feito, A Laracha era o único municipio que quedara fóra do peche de toda a comarca de Bergantiños, decretado hai unha semana polo subcomité clínico.

Tamén pasa ao nivel 1 de restricións o concello lugués de Vilalba, un das localidades da provincia luguesa onde a evolución epidemiolóxica estaba a ser observada con detemento por parte de Sanidade, que optou por manter o mesmo nivel de medidas en Chantada e Sarria.

Así mesmo, o subcomité clínico reforzará o seguimento nas localidades de Ribeira e A Rúa, que, polo momento, continuarán co mesmo nivel de restricións, é dicir, o nivel 2.

O CARBALLIÑO, PRIMEIRO EN SAÍR DO NIVEL 1
Así as cousas, O Carballiño convértese no primeiro municipio galego que baixa do nivel 1. A mediados de outubro, a localidade ourensá foi pioneira no paquete de medidas que despois foron levadas a máis de 60 municipios.

Sinalado como 'modelo' das restricións por parte da Administración autonómica, o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntara nos últimos días a posibilidade de que O Carballiño abandonase o grao máximo de restricións.

CAMBIO DESDE ESTA NOITE 
A decisión, como apuntou o pasado mércores o resposnable do Goberno galego, débese á evolución positiva no plano epidemiolóxico pero tamén a outros factores como o feito de que se trate dun concello "illado" encadrado nunha área con pouca incidencia do covid.

As medidas quedarán recollidas nunha orde que o Executivo autonómico prevé publicar na tarde do venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e serán efectivas a partir das 00,00 horas do sábado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE