ÚLTIMA HORA: Rosario Porto, nai de Asunta, aparece aforcada na súa cela de Brieva
As primeiras hipóteses apuntan a un posible suicidio. Conxectura que gaña peso polos antecedentes de problemas psíquicos da compostelá.
Segundo informacións de última hora de axénciaa Efe, Rosario Porto morreu. A condenada polo asasinato da súa filla a nena Asunta Basterra apareceu colgada da porta da súa cela en Brieva esta mañá usando un cinto de tea.
As primeiras hipóteses apuntan a un posible suicidio. Conxectura que gaña peso polos antecedentes de problemas psíquicos da compostelá.
Fuentes da prisión relataron a Efe que esta mañá Porto non se presentou ao reconto de presos. Os funcionarios que acudiron á súa cela atopárona aforcada e non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A avogada cumpría pena de prisión polo asasinato da súa filla adoptiva, Asunta Basterra, en setembro de 2013. A Xustiza condenouna xunto ao seu ex-marido, o xornalista Alfonso Basterra. Os dous sempre defenderon a súa inocencia nun suceso que conmocionou á opinión pública galega e española.
A presa protagonizara antes un intento de suicido, polo menos, no cárcere da Lama. Con posterioridade o seu avogado advertira que a muller sufría un estado de "depresión profunda".
Basterra e Porto durante o xuízo
A falecida cumprira xa 7 anos da súa condena. Fíxoo nos cárceres da Lama (Pontevedra), Teixeiro e Brieva (Segovia).
En todas pasou tempadas suxeita ao protocolo antisuicidios, que a obriga a estar na enfermería acompañada doutra reclusa en todo momento. Non está confiramdo se agora mesmo estaba suxeita a este protocolo, pero non parece que fose así, pois apareceu colgada na súa cela.
Escribe o teu comentario