O SERGAS fixo menos test de coronavirus durante a ponte polo que a caída de positivos pode ser un espellismo

A tendencia xeral de probas diarias era á alza ata que se derrubou na ponte, a pesar dos problemas que hai en moitos concellos.


|

O coronavirus aparenta que levanta un pouco o pé do aceleradora nivel galego.  Só aparéntao, porque o certo é que onte domingo o SERGAS fixo bastante menos test do habitual e as porcentaxes de positividade seguen sendo preocupantes, tanto o de onte como a media da última semana.


Así, deron positivo en torno ao 7% das probas realizadas, bastante por encima do límite do 5%, que estima a OMS para considerar que un brote pode estar en vías de control. É a terceiro peor taxa desde agosto.


O total de novos diagnósticos foi de 239, a mellor cifra en seis días. Con todo, esta rebaixa está influída polas poucas probas completadas onte, 3.383; cando o SERGAS viña facendo unhas  6.000 ao día. Hai que remontarse ata o 17 de agosto para atopar unha xornada con tan poucas PCRs.




Así as cousas, o panorama xeral segue sendo o mesmo, segundo indícannos as taxas de incidencia acumulada e as medias móbiles a sete días. A pandemia continua acelerando en Galicia, aínda que nestes tres últimos días parece que esa aceleración está a reducirse.


A media de novos positivos diarios volve bater o máximo desta segunda onda por cuarto día consecutivo, situándose xa en 314 ao día. 


A media de positividade segue crecendo  e está case en 4,7%,  a peor porcentaxe desde o 24 de setembro. A pesar dos esforzos do SERGAS por facer máis probas, este indicador leva todo outubro crecendo de forma case inenterrumpida.


A incidencia acumulada a sete días tamén está en valores récord, 80 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana. A incidencia acumulada a 14 días está preto dos seus valores máximos nesta segunda onda, 132 fronte aos 136 de principios de setembro.


Os casos activos crecen por sexta xornada consecutiva, subindo en 35 ata 4.510. Isto supón crecemento do 0,8%, que fai que a media de cambio diario siga no 1,3%, o peor rexistro desde o 10 de setembro.





Así pois, a pesar da leve melloría do domingo, as tendencias por agora non ofrecen sinais claros dunha desaceleración.


HOSPITALIZACIÓNS Á alza

Subida que cada vez se está deixando notar máis nos hospitais. Os 210 hospitalizados en planta son 12 máis que onte e a maior cifra desde o 28 de setembro.  En só dous días, polo menos 40 galegos tiveron que ser ingresados.


O ritmo de falecementos segue a un ritmo inalterado duns 3 óbitos por xornada. O domingo faleceron catro persoas máis.  


As persoas con Covid-19 falecidas en Galicia sitúanse en 786. A última vítima ata a data notificouse o luns, en relación ao falecemento na residencia de maiores Vos Gozos de Pereiro de Aguiar dun home de 84 anos con patoloxías previas. 


Os datos por áreas sanitarias confirman que o problema non é só ourensán. Vigo e Santiago de Compostela tamén teñen curvas epidemiolóxicas notablemente á alza.


IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (17)


Test de PCR diarios completados polo SERGAS nesta segunda onda. A tendencia xeral  de probas diarias era á alza ata que se derrubou na ponte, a pesar dos problemas que hai en moitos concellos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE