Os concellos poderán por fin usar os seus remanentes e Caballero espera desatascar outros 5.400 millóns
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, explicou hoxe que os municipios se poderán beneficiar da suspensión das regras fiscais ata final de 2021. Isto permitirá que os concellos poidan recorrer "sen límite" dos seus remanentes de tesourería neste ano e o próximo, unha demanda municipalista que encallou tras a derrota do PSOE no Congreso.
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, explicou hoxe que os municipios se poderán beneficiar da suspensión das regras fiscais ata final de 2021. Isto permitirá que os concellos poidan recorrer "sen límite" dos seus remanentes de tesourería neste ano e o próximo, unha demanda municipalista que encallou tras a derrota do PSOE no Congreso. O edil de Vigo calcula que a súa cidade dispoñerá así de 80 millóns para investir.
O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da Ministra de Facenda, María Jesus Montero, sobre a suspensión das regras fiscais que fai posible a utilización dos remanentes aos concellos, pero insiste en que as negociacións co Goberno continúan para chegar a un acordo que incluiría o fondo de 5.000 millóns e o de transportes.
ALGUNHAS MEDIDAS NON SE SUSPENDEN
Con todo, aínda que quedan suspendidas todas as limitacións en materia de cumprimento de regras fiscais, deberán manterse as medidas de seguimento e supervisión, imprescindibles para o reequilibrio das finanzas públicas, segundo matizou a ministra.Caballero agradeceu o labor da carteira que dirixe Montero, pero obxectou que a federación municipalista segue negociando outras cuestións con Facenda como o fondo de 5.000 millóns e o de transportes "de ata 400 millóns de euros" que se incluiría nun acordo co Goberno para substituír o decreto do Executivo, que foi tombado no Congreso o pasado 10 de setembro. Así mesmo, mencionou outras demandas como a liquidación de 2018, "que ten que aprobarse este ano para todos o concello".
COMO SE REPARTIRÁ O FONDO?
Segundo a agrupación, a repartición do fondo de 5.000 millóns faríase en dous partes: o 60 por cento, 3.000 millóns, realizaranse seguindo criterios de poboación, aínda que non se descartan elementos correctores en base a despoboamento ou insularidad, e o resto, o 40 por cento, 2.000 millóns, servirían para mobilizar os remanentes.
Escribe o teu comentario