Venda del Correo Gallego? Haberá "datos concretos" para a semana, di o director e propietario


É certo que os empresarios Carlos Alonso Martín e Carlos Orozco chegaron a un acordo con José Manuel Rey Varela para comprar Editorial Compostela? "A próxima semana terei datos concretos", indica hoxe o director e accionista maioritario do xornal en resposta remitida a Galiciapress.


|

É certo que os empresarios Carlos Alonso Martín e Carlos Orozco chegaron a un acordo con José Manuel Rey Varela para comprar Editorial Compostela? "A próxima semana terei datos concretos", indica hoxe o director e accionista maioritario do xornal en resposta remitida a Galiciapress.


Deste xeito, o xornalista non desmente nin confirma o adiantado esta semana por Economía Dixital de Galicia (EDG): hai asinada ante notario a venda, condicionada, do 60% das accións da editora de El Correo Gallego .


Josu00c9 Manuel Rey Novoa nunha imaxe do Concello de Santiago


José Manuel Rey Novoa nunha imaxe do Concello de Santiago  


As condicións, segundo a citada fonte, serían unha auditoría das contas no prazo de dous meses e outro prazo dun mes para pagar 3,6 millóns. Son estas presuntas condicións as que, precisamente, poden estar detrás do suposto descarrilamento a última hora da operación, de acordo a EDG.


Así as cousas, o nerviosismo entre o centenar de traballadores que queda en Editorial Compostela é lóxico. Segundo fontes próximas aos operarios consultadas por Galiciapress, existe o temor que a entrada de novos donos conleve recortes.


Hai que lembrar que  Editorial Compostela atravesou unha complicadísima situación financeira hai uns anos. Tan grave que en 2018  a Seguridade Social chegou a sacar a poxa a sede do Polígono do Tambre, a que queda despois de que Abanca executase os seus dereitos sobre a sede da zona vella de Compostela por falta de pagamento de préstamos.


Ao final a Xunta e Abanca acudiron ao rescate in extremis. Segundo fontes próximas aos traballadores, o Goberno Gallego axudou a través dun préstamo de Xesgalicia (IGAPE), co que saldou as débedas con todos os traballadores que tiñan procesos abertos por falta de pagamentos nos xulgados. Ademais, Abanca, o banco privatizado tras ser rescatadas as caixas con fondos públicos, refinanció a débeda, con importantes quitas.


ANTECEDENTES DE GARCÍA MARTÍN

Outro aspecto potencialmente espiñento da operación é o perfil dun dos pretendentes. Carlos Alfonso García Martín é o empresario que o ano pasado ía comprar a procesadora de produtos mariños Isidro do Cal. A venda publicitada pero  ao final quedou en nada, tras dicir o vendedor que non se cumpriron dás condicións pactadas. Ademais, en 2003 García foi condenado por deseñar unha estafa creando un banco falso, American Credit & Business Bank (A. C. Bank), en Santiago, segundo publicou A Opinión.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE