"Brotes familiares" aceleran o coronavirus en Santiago, superando os 60 contaxios e o 10% de test positivos

 Polo menos oito directores de insititutos da área pediron hoxe ao Goberno que atrasae unha semana o inicio do curso escolar. Máis do 70 por cento dos casos da comarca concéntranse no Concello de Santiago, agrega a orde, di o DOG.


|

A análise detallada dos datos do SERGAS de Santiago desvela un panorama procupante. Certo é que hoxe descenderon os casos activos, pero isto é enganoso.  En realidade o coronavirus está a acelerar e de feito hoxe bateu os seus records do mes.


Así, o mércores Sanidade descubriu 68 contagios e máis do 10% dos test PCR déronlle positivo.


Non se trata dun problema puntual, das cifras de hoxe. A análise das medias móbiles a tres días confirma un relevante ascenso desde principios de mes. O que era unha media de 44 novos contaxiados ao día converteuse nunha media de 50. O que era unha media de  3,7% de test positivos converteuse, debido ao 10% de , nunha media de 7,5% positivos.


NON HAI BROTES NOVOS CON ESTAS CIFRAS DE NOVOS CONTAXIADOS?

Esta escalada prodúcese sen que o SERGAS informe de brotes novos. O último que comunicou, o do Multiusos do Sar, declarouno o 2 de setembro e deuno por controlado o 4, hai case unha semana.


Cuestionadas sobre este repunte, fontes do SERGAS indican a Galiciapress que está impulsado por pequenos brotes familiares, casos illados e casos importados. Por tanto, aínda que recoñecen a subida, estas fontes da EOXI descartan que, por agora, xurdise algún outro brote potencialmente moi perigoso, como foi o do Multiusos ou calquera que se declare en residencias.


Hai que lembrar que as administracións teñen obrigación de declarar un brote cada vez que logran relacionar 3 ou máis casos. Suponse que coas cifras que estamos sufirendo estes días,, uns 50 positivos ao día, Sanidade debería ser capaz de ir relacionando casos ata formar brotes. Outras EOXIs, como a deOurense, informan case a diario da aparición de brotes, por moi pequenos que sexan, mesmo de 3 conviventes.


Se o SERGAS non estivese a ser capaz de detectar brotes, estariamos ante unha enorme cantidade de casos orfos, un dos indicadores dunha posible transmisión comunitaria.




O SERGAS está a realizar de media, aproximadamente, case 700 probas ao día. Cando se declarou o rebrote no Multiusos aumentou a cifra a máis de 900.


NOVOS ASINTOMÁTICOS

Santiago é un dos concellos aos que a Xunta someteu recentemente a restricións. Segúnel DOG de hoxe, Sanidade o porcentaxe de positividade das PCR "mantense elevada" e lvos grupos de idade máis afectados están entre os 15 e os 24 anos, polo que se sospeita que pode haber "un número importante de asintomáticos ou paucisintimáticos" que "facilitarían a transmisión".  


Polo menos oito directores de insititutos da área pediron hoxe ao Goberno que atrasae unha semana o inicio do curso escolar. Máis do 70 por cento dos casos da comarca concéntranse no Concello de Santiago, agrega a orde, di o DOG.


Mq8BG coronavirus en santiago evoluci n recente despregar men para seleccionar indicador



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE