Polo menos 26 directores de institutos reclaman atrasar o curso debido ao coronavirus

Onte mesmo a Xunta cambiou as normas en secundaria, permitindo por exemplo as clases semipresenciais. Os directores alegan que agora non puden cumprir coas medidas para previr os contagios.


|

Onte mesmo a Xunta cambiou as normas en secundaria, permitindo por exemplo as clases semipresenciais. Os directores alegan que agora non poden cumprir coas medidas para previr os contagios.


A problemática de adaptación á normativa levou a directores de institutos de varios puntos de Galicia a unirse para reclamar conxuntamente á Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se aprace o inicio do curso ata poder cumprir coas medidas de seguridade ante a COVID-19 e garantir a seguridade no arranque da actividade.




Insituto Rosalu00eda de Castro en Santiago nunha foto de Iesmgb2 creative commons 30  wikimedia



Os primeiros foron oito institutos de Santiago de Compostela: o IES Antón Fraguas, o IES Eduardo Pondal, o Lamas de Abade, A Pontepedriña, Rosalía de Castro, Sar, Xelmírez I e Xelmírez II,
que subscribiron un escrito conxunto ante as incertezas da situación e a imposibilidade de organizar os horarios, asignar espazos ou adaptalos ás distancias mínimas entre alumnos.

Os centros advirten de que este atraso podería estenderse ata o 23, 24 ou 25 de setembro, debido a que necesitan un mínimo de sete días lectivos para poder sacar adiante esta adaptación e aínda están á espera de coñecer as vacantes e modificacións horarias. O escrito está dirixido ao xefe territorial da Coruña.

Posteriormente, outros 18 institutos de ensino secundario e formación profesional de Pontevedra subscribiron a iniciativa dos seus homólogos na capital galega, cun texto dirixido á Xefatura Territorial desta provincia, ao non ter coñecemento da cota de profesores nin recursos humanos dispoñibles para poder realizar a organización de grupos.

En concreto, foron o CIFP Carlos Oroza, EPAPU Río Lérez, IES Frei Martín Sarmiento, o Luís Seoane, de Meaño, Montecelo, Monte da Vila, Sánchez Cantón, Torrente Ballester, Valle Inclán, Xunqueira I, Xunqueira II, Pontecaldelas, Poio, CHa do Monte, Basella, Vilalonga e Faro dás Lúas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE