A praia de O Preguntoiro en Vilagarcía de Arousa non é apta para o baño, indica Sanidade
O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía (Pontevedra) izou este mediodía a bandeira amarela na praia de O Preguntoiro para advertir aos usuarios do areal de que se desaconsella o baño de forma temporal.
O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía (Pontevedra) izou este mediodía a bandeira amarela na praia de O Preguntoiro para advertir aos usuarios do areal de que se desaconsella o baño de forma temporal.
A medida, informou o Concello, adoptouse despois de que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade
comunicase por teléfono ao consistorio que non se recomendaba o baño en base aos resultados dunha mostraxe tomada o pasado martes, cuxa analítica "rexistrou unha concentración microbiológica por encima dos parámetros establecidos".
Dado que entre a toma de mostras e a comunicación transcorreron "dous días", apunta en concello, a localidade reclamou á Xunta "que modifique os protocolos e axilice o procedemento e comunicación para evitar, de ser o caso, posibles riscos aos bañistas e tamén os prexuízos que supón para o Concello e para a propia praia ter izada a bandeira amarela durante varias xornadas sen saber o estado real das augas". "Isto sucede porque, no mellor dos casos, aínda haberá que esperar outros dous días a coñecer o resultado da contraprueba", apuntan.
O Concello avanzou que investigará a causa da concentración microbiológica para actuar en consecuencia, adoptando as medidas que procedan "se están na súa man" ou facendo "as xestións oportunas ante os organismos ou administracións ás que correspondan".
Escribe o teu comentario