As compañías “pirata” da seguridade privada protagonizan a campaña da FTSP-USO
O intrusismo na seguridade privada é un das grandes ameazas que acosan ao sector, contra a que combate a Federación de Traballadores de Seguridade Privada de USO.
O intrusismo na seguridade privada é un das grandes ameazas que acosan ao sector, contra a que combate a Federación de Traballadores de Seguridade Privada de USO.
O exemplo son as tres denuncias que o sindicato emitiu contra o Concello de Ourense pola contratación de “persoal non habilitado” na seguridade do consistorio auriense.
A campaña ten como lema ‘STOP Intrusismo! Denuncialo é o teu traballo’ e busca “frear o intrusismo en seguridade privada ante o repunte de servizos contratados con empresas non rexistradas nin autorizadas ou que prestan servizos con persoal non habilitado”, como Printes Security Advice, que presta servizo para o concello ourensán.
“O repunte de servizos contratados con empresas non rexistradas nin autorizadas polo Ministerio do Interior, tanto polas Administracións como por clientes privados, e as compañías que prestan servizos de seguridade con persoal non habilitado, levou á FTSP-USO a poñer en marcha esta iniciativa para protexer o sector”, advirten desde o organismo sindical.
Denuncian, nesa liña, que esta é unha práctica “cada vez máis estendida” e que ten unhas consecuencias directas sobre os profesionais da seguridade privada que si contan coa formación necesaria. Agora, eses traballadores ven “no paro” e “sen opcións de atopar un servizo que lles requira”.
“A FTSP-USO espera contar coa colaboración de todo o sector, abrindo canles de contacto para comunicar, de forma totalmente anónima, todos os casos nos que se aprecien indicios de intrusismo en seguridade privada para verificalos e, posteriormente, denuncialos”, subliñan. Desta forma, habilitan un correo (intrusismo@ftspuso.es) e un enlace web para a campaña.
Escribe o teu comentario