Gonzalo Caballero pide unidade entre reproches polos "peores resultados da historia en autonómicas"

Os alcaldes da Coruña, Ferrol e Santiago asisten ao comité provincial para analizar o 12

|

Nun Comité provincial que contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña ou os rexedores de Santiago, A Coruña e Ferrol, Caballero enfrontouse ao analisis da militancia.

 

O líder dos socialistas galegos aproveitou o acto para censurar a xestión da Xunta durante a pandemia, que parece iniciar a segunda onda en Galicia: "Mentres o Goberno de España actuou con responsanbilidad e respaldo ás comunidades, a Xunta mantivo unha liña de confrontación desleal co goberno durante a pandemia".


Gonzalo Caballero no comité provincial da Coruña


O xefe de filas do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este luns no Comité provincial do PSOE da Coruña, no que chamou a poñer o "interese xeral por encima de todo" para converter ao Partido Socialista en "alternativa aos gobernos do PP na Xunta". Pola súa banda, o secretario provincial, Valentín González Formoso, criticou os que considera "os peores resultados da historia do PsdeG" e chamou a "traballar unidos" para volver conectar coa cidadanía.

No órgano, ao que acudiron alcaldes como os da Coruña, Inés Rey; Ferrol, Ángel Mato; e Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o líder dos socialistas galegos ha apelado á "lealdade" e á "reflexión" nun momento no que é necesario "fortalecer ao partido para gañar o futuro".

Segundo apuntou o PSdeG nun comunicado, Gonzalo Caballero apuntou tamén que nestas eleccións houbo un nivel de "abstención histórico" na provincia da Coruña, tendo en conta que se rexistraron cinco puntos de participación menos que en 2016 e que a cita estivo marcada pola COVID-19.

"Mentres o Goberno de España actuou con responsanbilidad e respaldo ás comunidades, a Xunta mantivo unha liña de confrontación desleal co goberno durante a pandemia", lembrou o dirixente socialista, que asegurou tamén que a "onda socialista" das eleccións de 2019 e que "mantiña un alto nivel de mobilización" para as autonómicas de marzo, freouse coa COVID-19.

"Todos temos que aprender dos erros e sumar conxuntamente para remontar unha situación que non é a que desexabamos" tras uns resultados que permiten que o PP siga gobernando en Galicia.


VALENTÍN CHAMA A TRABALLAR UNIDOS

Segundo informaron fontes do socialistas da provincia, no acto, o secretario xeral dos socialistas coruñeses, Valentín González Formoso, pediu aos asistentes que traballen "unidos" para volver conectar coa sociedade galega.

O tamén presidente da Deputación da Coruña considerou que os rexistrados o 12 de xullo son os "peores resultados da historia do PSdeG nunhas autonómicas" e pediu reflexionar e actuar "con serenidade, determinación e realismo".

Ademais, agradeceu á militancia o seu traballo na campaña e comparou os datos cos alcanzados nas xerais, nas que o PsdeG conseguiu ser primeira forza, e as municipais, onde os socialistas obtiveron 41 alcaldías na provincia.

Nesta liña, conforme apuntaron outras fontes socialistas, outros socialistas mostráronse críticos cos resultados obtidos, como o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, quen censurou a campaña levada a cabo polo PSdeG. Pola súa banda, o edil de Ames Blas García atribuíu o problema do partido á falta de proxecto. Ademais, outros militantes da provincia chamaron á autocrítica e pediron un cambio no proxecto do PSdeG.

Enfronte, outros socialistas, como o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, mostraron o seu respaldo a Gonzalo Caballero e pediron tempo. Unha liña na que tamén se pronunciou a coruñesa Mar Barcón, quen sinalou que o actual secretario xeral leva pouco tempo á fronte do partido e lembrou que Emilio Pérez Touriño chegou á Xunta despois de seis anos construíndo o partido.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE