Alerta laranxa e amarela por calor en gran parte do sur e interior de Galicia este sábado

A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por altas temperaturas nas Rías Baixas e na zona de Baixo Miño, en Pontevedra, por temperaturas de ata 37 graos.

|

Tanto Meteogalicia como a AEMET declaran alertas por altas temperaturas en Galicia esta fin de semana. As da axencia estatal empezan a partir das 13 horas do sábado e durarán ata as 18 horas. previsión do tempo fala de ata case 40 graos en Ourense.


A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por altas temperaturas nas Rías Baixas e na zona de Baixo Miño, en Pontevedra, por temperaturas de ata 37 graos.


Alertas a súa00e1bado

Alertas de Meteogalicia para o sábado


Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico está xa en curso e prolongarase ata últimas horas da tarde.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, Emerxencias informou da situación aos concellos da provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.


CONSELLOS CONTRA A CALOR

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrirse a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Ademais, lémbrase que nunca debe deixarse a nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE