A Xunta admite que os positivos de coronavirus da Mariña si poderían ir votar
“Sei que hai unha discusión xurídica e doctrinal de se se pode ou non afectar a un dereito fundamental dunha persoa que simplemente está cunha PCR positiva pero non ten síntomas ou son leves. Por criterios de prudencia para eles e a colectividade, propoñémoslles que non vaian votar” declarou onte o presidente.
O sábado, cando a Xunta presentou o confinamento da Mariña, o conselleiro de Sanidade deixou claro que de ningún modo os positivos de COVID-19 poderían ir ata o colexio electoral. Iso a pesar de que a redacción da norma no DOG é moi confusa, barroca mesmo, o que provocou que algúns medios, incluído este, interpretasen que os contaxiados si poderían votar.
Simulacro de votación organizado pola Xunta
“Sei que hai unha discusión xurídica e doctrinal de se se pode ou non afectar a un dereito fundamental dunha persoa que simplemente está cunha PCR positiva pero non ten síntomas ou son leves. Por criterios de prudencia para eles e a colectividade, propoñémoslles que non vaian votar” declarou onte o presidente.
Feijóo: "Por criterios de prudencia para eles e a colectividade, propoñémoslles que non vaian votar”
Alberto Nuñez Feijóo fixo estas declaracións despois dunha reunión co seu grupo de expertos do coronavirus. Supoñen un evidente cambio de discurso. O domingo o conselleiro descartaba tajantemente que puidesen votar, o martes o presidente rebaixa a medida a unha simple recomendación.
Polo menos un dos doutores do comité de expertos xa pediu publicamente unha modificación das normas para garantir a seguridade das votacións.
UN EXPERTO DA XUNTA PIDE CAMBIOS
Tato Vázquez Lima, vicepresidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes) propón que os positivos teñan "prioridade absoluta", non fagan cola ou adxudicarlles determinadas horas. Son opcións non reguladas aínda, o que esixirían cambios legais. “Hai que traballar ata as eleccións para tomar unha decisión clara”, apunta o doutor Vázquez Lima en O País, consciente de que os comicios se moven agora mesmo en un
mar de dúbidas sanitarias e xurídicas.
Hai que ter en conta que la Consellería xa recoñeceu o domingo que os casos sospeitosos, en illamento, si poderían ir votar. Tamén admitiu que poderían mesmo romper o confinamento da Mariña para ir aos seus lugares de residencia para depositar o voto. O que á súa vez abre a porta a que os contaxiados tamén poidan saír da Mariña para exercer o seu dereito fundamental.
A xunta electoral de Galicia resolveu onte que "non lle corresponde" resolver sobre suspender as votacións na Mariña. Correspóndelle a un presidente da Xunta que é evidente que non está polo labor de suspendelas.
CASE TODOS Os ALCALDES QUEREN APRAZAR
Polo menos dez candidatos das principais formacións non están a poder facer campaña de maneira tradicional, ao estar afectados polo confinamento comarcal. BNG e Marea galeguista xa pediron o aprazamento dos comicios alí. Outros partidos non foron tan lonxe, por exemplo o PSOE alerta en que non hai condicións para votar con seguridade pero non esixiu o aprazamento. Case todos os alcaldes da zona xa pediron que se apracen as eleccións, incluídos os das vilas máis importantes, como Viveiro ou Burela.
En definitiva, Galicia encara as eleccións do 12J cun considerable barullo político, xurídico e, sobre todo, sanitario.
Por agora, o único certo é o que di o DOG, aínda que nin sequera lendo o Diario Oficial de Galicia a situación está clara:
Non obstante, dada a proximidade dás eleccións autonómicas do domingo día 12 de xullo, resulta oportuno aclarar que as limitacións á mobilidade previstas nesta orde non poden afectar ou exercicio dun dereito fundamental como é ou de sufraxio, polo que se considerará en todo caso xustificada a entrada ou saída do ámbito territorial delimitado para ou exercicio deste dereito. Así mesmo, polas mesmas razóns, cómpre indicar, tanto para ou caso do distrito sanitario dá Mariña como para ou resto do territorio dá Comunidade Autónoma, que as medidas específicas para contactos estreitos, previstas nesta orde e, con carácter xeral, non Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño de 2020, antes citado, consistentes non illamento ou corentena “salvo causas debidamente xustificadas”, non impiden tampouco ou exercicio do dereito fundamental de sufraxio, por considerarse, evidentemente, unha causa xustificada para a saída do domicilio, sen prexuízo de que deban cumprirse as medidas de seguridade establecidas e, en particular, ou uso de máscara cirúrxica en todo momento, e a saída limítese ao tempo estritamente necesario para ou exercicio deste dereito ao voto. Para lestes efectos, a Consellería de Sanidade cursará as oportunas instrucións para que esta cuestión aclárese nas comunicacións que teña ou Centro de Seguimento de Contactos do Servizo Galego de Saúde con estas persoas.
Escribe o teu comentario